Un 22 de maio de 1890 publicábase por primeira vez o texto definitivo de #OsPinos, froito da correspondencia entre Eduardo Pondal e Pascual Veiga.
Aínda tardaría 17 anos en soar como himno estreándose na Habana en 1907.
"...a redenzón da boa nazón de Breogán."
O noso idioma non morre só. Estano matando. Con decretos, con recortes, con silencio. Falan de salvar o galego mentres o enterran. Fala. Exixe. Resiste.
#17DeMaio#17m#DíaDasLetrasGalegas
Xa está aquí! Presentámosvos a programación da IX Romaría Celtista ���. Agardamos que sexa do voso agrado e que vos animedes a acompañarnos!! 🩵🕺🏻💃🏻
#romariaceltista
#aestrada
#celta
Xa está aquí! Presentámosvos a programación da IX Romaría Celtista 🎉. Agardamos que sexa do voso agrado e que vos animedes a acompañarnos!! 🩵🕺🏻💃🏻
#romariaceltista#aestrada#celta
Onte participamos na Convención de Peñas Celtistas. Un encontro cheo de celtismo, compañeirismo e moitas ganas de seguir remando xuntos. Até a próxima!
Traballadoras e traballadores de Galiza, erguede a voz. A loita de clase non ten fronteiras, pero si ten lingua e ten terra.
#PrimeiroDeMaio#DíaDaClaseTraballadora
Hai disparos que, en vez de calar voces, fan eco para sempre.
Lembramos aos Mártires de Carral non por nostalxia, senón por dignidade. A liberdade de Galiza conquístase cada día.
#26abril#mártiresdecarral
Dende Galiza, miramos con orgullo cara ao sur, lembrando que a liberdade é un xardín que hai que regar todos os días. Que o recendo dos cravos siga espallando a democracia e a xustiza por todo o mundo.
Hoxe os nosos corazóns latexan ao ritmo de "Grândola, Vila Morena".
Celebramos o día no que a esperanza floreceu en Portugal e o pobo saíu á rúa para recuperar o seu futuro. Viva o 25 de abril!
#25abril#revoluçaodoscravos
Onte gozamos dun roteiro espectacular polo Monte Facho. Unha xornada inesquecíbel respirando natureza e facendo país. Grazas a todas as persoas que vos animastes a vir!
Vitoria para Galiza! Grazas á lotia, o @RCDeportivo, que sempre foi DA Coruña, mudará o seu nome oficial a «Real Club Deportivo da Coruña».
Que sirva de exemplo para os clubs que aínda castelanizan topónimos galegos.
https://t.co/seQgkWFHFO
#OGalegoÉNoso