Isto é o que lle dicían a 𝗟𝘂𝗶𝘀 𝗭𝗮𝗵𝗲𝗿𝗮 cando escoitaban o seu acento nos castings 🫣
🎧 Aínda non viches a conversa de 𝗔𝗻𝗮 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗼́𝗻 co actor? Xa está dispoñible na canle de Youtube de Código Ana!
Grazas á dirección de Martínez Otero por recibirnos e por demostrar que en Galiza temos o talento e a capacidade para impulsar proxectos de altísima calidade en calquera lugar do mundo.
O PP non ve as baixas laborais como un dereito, senón como unha perda de tempo e cartos.
Rueda debe retirar xa o plus "anti baixas", que pon en risco a saúde das persoas traballadoras.
Toda a sorte do mundo ao alumnado que comezades hoxe a PAU!
Sexa cal sexa a vosa situación, ninguén pon en dúbida o esforzo e o camiño que hai detrás de cada un de vós. A mocidade galega sempre dá o mellor de si, e iso é o máis importante. A por todas 👏
Os malos de Marvel segundo 𝗟𝘂𝗶𝘀 𝗭𝗮𝗵𝗲𝗿𝗮. 🧐
➡️ Mañá ás 18:30h poderedes ver o programa completo, no que 𝗔𝗻𝗮 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗼́𝗻 conversa co actor sobre a súa gran traxectoria e o seu compromiso social.
𝗟𝘂𝗶𝘀 𝗭𝗮𝗵𝗲𝗿𝗮 conversa con 𝗔𝗻𝗮 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗼́𝗻 sobre o fenómeno de 𝘔𝘢𝘳𝘦𝘢𝘴 𝘝𝘪𝘷𝘢𝘴. Este martes, por fin poderedes ver o programa completo en Youtube. 🩵🌊
💬 Comenta se es da Costa da Morte e fuches fan desta serie!
💪 MILES MOBILÍZANSE EN VIGO CONTRA O MILITARISMO
A verdadeira seguranza non se constrúe con máis helicópteros, submarinos nin avións de combate. A seguridade dos pobos constrúese con máis escolas, hospitais e mellores servizos públicos.
🛑 Non ao gasto militar.
🛑 Non ao exhibicionismo españolista nas nosas rúas.
O 2 de xuño, 𝗟𝘂𝗶𝘀 𝗭𝗮𝗵𝗲𝗿𝗮 chega a Código Ana! 🤩
Que hai detrás do “Ola, son Luis Zahera e a miña terra Galiza está en perigo”? Descúbreo no próximo programa 🙌🏻
No acto de presentación de Lores como candidato do BNG á Alcaldía de Pontevedra.
Traballaremos con toda a forza por outros catro anos de avance e por seguir demostrando que esta cidade non ten teito!
Unha honra participar na homenaxe a Vítor Guerreiro, unha desas persoas que deixa pegada pola súa calidade humana e pola súa integridade.
Para o BNG foi e é un referente, un exemplo de compromiso con Galiza e con As Pontes.
Sempre na nosa memoria, Vitolo!
Rueda debe explicar por que vota en contra dunha 𝗔𝗣-𝟵 galega e sen peaxes.
Unha vez máis, o PP di NON a Galiza, fronte a un BNG capaz de defender os intereses das galegas e dos galegos.
Iria é a alcaldesa que 𝗩𝗶𝘃𝗲𝗶𝗿𝗼 merece! Imos a por todas nas eleccións municipais do 2027 para abrir un tempo novo neste concello, cun proxecto cheo de ilusión e ambición.
Unha vez máis, o PP do NON a Galiza.
Rueda ten que explicar este novo boicot, por que se empeña en ir contra xs galegxs.
Que lle quede claro: Non vai lograr frear o obxectivo do BNG de conseguir unha AP-9 galega e libre de peaxes.
https://t.co/h5BI760P8X