🚨 HOXE É DÍA DE FOLGA NO COMERCIO! 🚨 Os domingos e festivos son para descansar, coidar e VIVIR.
As grandes superficies queren traballadoras dispoñibles as 24 horas. A nosa vida non está en venda.
✋ Hoxe non consumas. A apoia a folga do comercio. > 📢 Esiximos horarios dignos!
Que gañas ao afiliarte a CCOO?
✔️ Asesoramento xurídico cando o necesites.
✔️ Apoio en saúde laboral.
✔️ Seguros en condicións vantaxosas.
✔️ Descontos exclusivos en centos de produtos e servizos.
Máis información:
👉 https://t.co/CkupIDCPwu
💙🤍 Neste #25DeXullo reivindicamos unha Galicia con futuro: emprego digno, servizos públicos fortes, solidariedade e unha lingua viva que nos una. ✊
Fronte á precariedade e aos discursos de odio, defendemos un país que poña as persoas no centro.
🔗 https://t.co/myMLo2kDHd
❓ Sabías que...?
Se a empresa non che paga o salario ou che paga menos do que corresponde, tes un ano para reclamar cada cantidade adebedada. Ademais, tamén podes reclamar xuros.
Se tes dúbidas, en CCOO axudámosche. 💪
Dende CCOO mantense unha postura firme: continuar a defender unhas condicións laborais dignas e melloras salariais xustas para todos os traballadores e traballadoras do sector.
Os días 24, 25 e 26 de xullo, o persoal do comercio de alimentación da Coruña, vai á folga ante a falta de avances e o bloqueo na negociación do convenio colectivo.
🗣CCOO rexeita a proposta das CCAA para reiniciar a negociación do Estatuto Marco do SNS.
Considera que a intención é impedir a entrada en vigor de melloras laborais clave para o persoal estatutario, mantendo a discrecionalidade e as desigualdades. ⚖
📚 Definicións á man para este verán
O #teletraballo realízase fóra do centro mediante medios informáticos ou de telecomunicación. É voluntario e require acordo por escrito. A empresa deberá proporcionar ou asumir os medios precisos.
🔗 https://t.co/L10B5ot0vk
🤝 Xuntos e xuntas somos máis fortes: Por que afiliarse a CCOO Galicia?
Estar afiliado/a a CCOO non é só ter respaldo cando xorde un problema na empresa; é formar parte dunha rede que loita día a día por mellores salarios e condicións para toda a clase traballadora.
Que che ofrece CCOO Galicia?
⚖️ Asesoramento xurídico e laboral especializado.
📚 Formación continua e cursos con descontos exclusivos.
🛡️ Defensa colectiva negociando os convenios do teu sector.
👥 Apoio directo en centros de traballo de toda Galicia.
💙🤍 Ás portas do #25DeXullo, lembramos un documento clave da historia de CCOO.
A V Asemblea de CCOO (Marín, 20/7/1976) definiu Galicia como unha nación e reclamou órganos de dirección política propios que garantisen a súa autonomía.
📜 Fonte: arquivo da Fundación 10 de Marzo.
As delegadas e delegados de CCOO non están sós.
📚 Formación.
⚖️ Asesoramento xurídico, laboral e técnico.
🤝 O apoio dunha gran organización sindical.
A representación é colectiva. A forza, tamén.
👉 Afíliate: https://t.co/FXbuebfbkT
📢 CCOO quenta motores para a folga do comercio galego.
Hoxe concentrámonos en Santiago para defender o dereito ao descanso e á conciliación.
🛑 Non á apertura en domingos e festivos. Esiximos tempo para vivir!
📅 Folga: 26 de xullo e 15 de agosto.
👉 https://t.co/4oFDgTfoEX
Seguimos aproveitando o verán para desmontar mitos.
❌ MITO: «Os sindicatos viven das subvencións».
✅ REALIDADE: As contas de CCOO están auditadas. O sindicato sostense principalmente grazas ás cotas das persoas afiliadas.
😡‼️ Basta ya de cuestionar el derecho a la salud.
Desmentimos los bulos que se han generado sobre las bajas laborales.
Desde el papel de las mutuas hasta por qué es importante un sindicato para proteger nuestros derechos.
👉 Escucha la entrevista completa aquí https://t.co/siOkdy6xa6
⏰ As horas extras non sempre son obrigatorias.
✅ En xeral son voluntarias.
📊 Teñen un límite de 80 horas anuais.
💶 Deben compensarse con diñeiro ou 🛌 con descanso equivalente.
📝 A empresa debe rexistrar a túa xornada.
💬 Tes dúbidas? Contacta con CCOO!
🚑 Asinado o novo convenio do transporte sanitario de Galicia.
➡️ Beneficiará máis de 2.000 traballadores/as con:
✅ +21 % de suba salarial
✅ 60 horas menos de xornada anual
✅ 4.ª paga extra
✅ Máis dereitos sociais e laborais
🔗 https://t.co/kceDDTA1LA