O goberno municipal responde ás acusacións do PP en relación ás brigadas contra incendios. Teo conta con brigada forestal e servizo de emerxencias.
https://t.co/LKgsExKaOY
SORTEO PÚBLICO.
Mañá farase sorteo público das solicitudes do campamento xuvenil, o único no que hai máis solicitudes ca prazas.
O sorteo será o venres 9 de xuño ás 11:30 h na Aula de informática, no edificio do Auditorio Municipal.
As listaxes publicaranse o día 13 de xuño.
Este dominto temos festa en Teo. Festeo e Feira da Terra na carballeira de Francos. Pechamos a xornada co concerto de Sés ás 20:00 horas. Ves?
#mariaxosésilvar#festeo
Esta semana presentouse no Concello o Campus de verán da Fundación Celta no campo de fútbol do Praíña.
A presentación contou con representantes da Fundación e da directiva do equipo.
O campus vaise celebrar do 24 ao 27 de xullo.
@RCCelta@PrainhaSpC
Hoxe remata o prazo para anotarse nos campamentos de verán e nos campamentos rurais!
Se o facedes nas oficinas do Concello tedes ata o mediodía e se o facedes por sede electrónica ata medianoite. Pero non vos despistedes.
Info e ficha na web
https://t.co/lwlxMG9Vaw
TRANSPORTE GRATUÍTO AO COLEXIO ELECTORAL.
Este domingo haberá transporte gratuíto na estrada de Cacheiras para vir dende a Mediateca ata o pavillón da Ramallosa e en Calo, para ir dende a zona de Francos ata o pavillón de Calo.
O autobús irá debidamente identificado.
Máis oferta lúdica para a rapazada este verán.
A Deputación ten aberta a inscrición para o seu campamento deportivo para os Concellos da provincia.
Prazo de inscrición: ata o 7 de xuño.
Máis info e a ficha de inscrición na web
https://t.co/nypCojfOPO
Hoxe abre a inscrición para os campamentos rurais (xullo) e para os campamentos de verán (agosto).
Lembrade que para reservar praza hai que entregar a ficha de inscrición por rexistro, ben físico ou electrónico ata o día 2 de xuño.
#mocidadeTeo#campamentosTeo
Mañá temos unha actividade para a rapazada en Campos de Mirabel con xogos sobre feminismo e igualdade. Ves? Non é preciso anotarse.
📅 Martes 23 de maio
🕗 16:30 a 19:30 horas
📍 Campos de Mirabel
Máis info 👇
https://t.co/riMP62o7kH
Aviso.
Mañá luns 22 de maio é o día de Santa Rita, patroa do funcionariado.
O Concello abrirá máis só funcionará o servizo de rexistro. O resto dos servizos estarán pechados.
No salón de plenos comezan as expropiacións polo seguinte tramo da autovía.
https://t.co/lhcnYsIFbK
O 11 de xuño temos Festeo e Feira da Terra!
Na carballeira de Francos teremos unha xornada de feste e música co peche do concerto de SÉS
Reservade día na axenda!
Agora si!
Logo de ter que facer varios cambios na cartelería podemos deixarvos a imaxe coa información dos campamentos de verán.
En xullo teremos campamentos rurais con unha temática para cada semana.
E en agosto os campamentos de verán en Oleiros.
https://t.co/lwlxMG9Vaw
II Festival de Teatro Escolar de Cacheiras
Este sábado a Aula de teatro do IES de Cacheiras organizou e protagonizou un roteiro teatral, poético e musical na Carballeira de Francos, que contou coa colaboración da Asociación Carballeira do San Martiño e do Concello de Teo.
Durante esta semana estará no noso centro a exposición CON_LecerTeo.
CON_LecerTeo é un proxecto de investigación-acción participativa desenvolvido polo SEPA-interea da USC e o Foro de Participación Infantil e Adolescente (FoPIA) do Concello de Teo.
O 6 de maio temos a Carreira Batalla de Cacheiras, con probas para escolares e categoría absoluta.
No o deixedes para a semana que vén e inscribídevos xa!
https://t.co/iAXId8ypcA
Logo podedes adestrar un pouquiño que sabedes que o trazado é duro 😉
#carreirabatalladeCacheiras