💪Milleiros de persoas mobilízanse coa CIG este #1deMaio contra o imperialismo e para demandar paz, traballo digno e dereitos
📢O sindicato realizou 20 mobilizacións por todo o país e levou a Lugo o acto central do Día internacional da clase traballadora en resposta á deriva autoritaria e golpista do PP
ℹ️https://t.co/jCCqrEz7l1
📌Galiza pola Paz censura que o cumio da #OTAN rematase seguindo o guión agardado: máis belicismo e máis industria da guerra
📝A plataforma emitiu hoxe un posicionamento público a respecto do encontro que vén de celebrarse en Ancara
ℹ️ https://t.co/2nFVV2iJIt
#GalizaPolaPaz
‼️A CIG denuncia o colapso asistencial do #PAC de #Cangas pola falta de substitucións e a insuficiencia de persoal
⚠️Alerta de que as decisións do #Sergas incrementan a presión nas urxencias en pleno verán, con risco para a poboación
ℹ️ https://t.co/CiSvPrkeXU
#omorrazo#moaña
❌Persoal de McDonald’s en Vilagarcía mobilízase contra a sobrecarga laboral e para esixir que se respecten os horarios
👉A empresa impuxo unha modificación da hora de peche máis alá do máximo legal establecido
ℹ️ https://t.co/yUbQR40xqY
#McDonalds#Vilagarcía
📢 Persoal da empresa Pérez Torres Marítima de Ferrol mobilizouse esta mañá diante diante do SMAC para rexeitar o despedimento represivo dun delegado no marco da campaña de “intimidación” posta en marcha pola dirección contra o sindicato.
#PérezTorres#Ferrol#represiónsindical
❌A CIG denuncia na Inspección de Traballo o risco para o persoal de #Correos que supón o deterioro dos vehículos
👉Advirte do mal estado da flota como consecuencia dun servizo de reparación e mantemento deficiente ou inexistente
ℹ️ https://t.co/xhq6OMGFJE
@CIGcorreos
‼️A CIG-Saúde de Vigo denuncia a contratación de persoal médico sen especialidade en Atención Primaria
📝Remitiulle un escrito á Xerencia da Área Sanitaria reclamando que se opte por profesionais coa titulación esixida para os postos
ℹ️ https://t.co/YRLLQMVuIe
#sanidade#vigo
📌Convocan folga e mobilizacións contra o ERE en #Concentrix e a destrución de emprego por parte de Microsoft na #Coruña
🗣️O comité de empresa chama a concentrarse o 13 de xullo diante da compañía e o 15 ás portas da Delegación do Goberno
ℹ️ https://t.co/6jJ5jMSjyd
#Microsoft
⚠️A CIG alerta da “caótica situación” da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia da Coruña
👉Denuncia a mala organización e falta de persoal e medios materiais
ℹ️ https://t.co/x2hWi1aFZf
#violenciamulleres#mulleres#feminicidio
⚖️O TSXG desestima o recurso do Concello de Cariño e confirma que segue sen executar a sentenza que obriga a negociar a RPT
👉Dende a CIG denuncian os constantes incumprimentos da normativa laboral e administrativa
ℹ️ https://t.co/MV8cU6K0Sd
#ConcelloDeCariño#RPT#TSXG
‼️O Ministerio atende alegacións da CIG e suspende tramitación do convenio estatal do sector #téxtil de #ARTE
❌Paraliza rexistro para corrección de irregularidades e dálle a razón en puntos clave: prioridade aplicativa e concorrencia de convenios
ℹ️ https://t.co/AMJzC30Cgi
O persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Valdoviño mobilizouse hoxe diante do Concello para alertar da grave situación laboral na que se atopa e denunciar o atraso continuado no pago das nóminas.
#valdoviño#SAF#AxudaNoFogar
Persoal de transporte de #mercadorías por estrada da provincia da #Coruña mobilizouse hoxe no polígono da Agrela en demanda dun convenio digno tras a ruptura das negociacións coa patronal. A seguinte protesta terá lugar o xoves 16 no polígono do Tambre en #Santiago ás 11:00h.
📢A CIG-Servizos continuou hoxe en #Vigo coa campaña en defensa do emprego en #Mercadona ante a implantación dun novo modelo comercial coñecido como ´Tenda 9' -que suporá despidos e traslados de persoal- e para reclamar información da empresa sobre as consecuencias deste proceso.
✍️Asinado o convenio de #residencias e centros de día tras lograr que todo o persoal cobre o salario base igual ao SMI
👉A CIG-Servizos considera que o acordo é un avance importante de cara á negociación dos vindeiros anos
ℹ️ https://t.co/NT37AqLEWZ
#convenioresidencias
🤝Acordo sobre o convenio permite desconvocar a folga na recollido do lixo do Porriño
👉Increméntase o poder adquisitivo do persoal, incorpóranse novos dereitos sociais e laborais e redúcese a xornada
ℹ️ https://t.co/RRplDhlqVR
#recollidalixo#oporriño
📌Urxen un cambio “urxente e radical” das políticas públicas de protección do rural “por un monte galego vivo e con futuro”
👉Máis de 70 entidades asinan un manifesto con medidas para evitar que os #incendios “se convertan nunha condena perpetua”
ℹ️ https://t.co/ilREvtt0pi
📌A CIG-Saúde denuncia que Feijóo confirma a estratexia do PP para criminalizar as baixas
👉A central sindical acusa o líder da oposición española de atacar a sanidade pública
ℹ️ https://t.co/8XoaEpPuOJ
#sanidade#sanidadepública#baixas#feijóo