Como ben di o noso compañeiro, Antonio Araujo, no #PlenoGondomar, a prioridade debe ser fornecer auga pública e saneamento a todo Gondomar, pois non pode ser que as augas fecais vaian polas cunetas ou que haxa familias que sen acceso a auga municipal e cos pozos contaminados.
📣Pleno Extraordinario da Corporación Municipal de #Gondomar.
📅 Xoves, 24 de outubro.
🕖 9:30 hs.
📍 Salón de Plenos da Casa da Cultura (tamén a través de streaming).
Compartimos a orde do día e animamos a toda a veciñanza a asistir.
🫵#atúaopiniónconta#SumandoPoloBenComún
#VoltaDos9#Memoria
Modesto Fernández Rodríguez
Elías Alejandro Gonda Alonso
Manuel Francisco Lijó Pérez
Manuel Barbosa Durán
José Rodríguez González
Felicísimo Antonio Pérez Pérez
Generoso Valverde Iglesias
Manuel Aballe Domínguez
Fidel Leyenda Rodríguez
Exercitando a #MemoriaHistórica na Volta dos Nove, en Baredo.
Un outubro máis, estivemos acompañando ao Instituto de Estudos Miñoráns na Volta dos Nove para lembrar o asasinato fascista de nove veciños do Val de Miñor o 15 de outubro de 1936.
e aprobando o envío de recursos finacieiros á Axencia da ONU para as persoas refuxiadas de Palestina, a UNRWA. En concreto, o voceiro de Manifesto Miñor, Antonio Araúxo, reclamou que se destinase o 10% do remanente da MAIV.
🫵 #satúaopiniónconta#SumandoPoloBenComún
🇵🇸 O PSOE, a través do voceiro estrela, Paco Ferreira, impide o debate sobre o xenocidio sionista en Gaza na Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, presidida por Abel Caballero, por entender que non estaba xustificada a urxencia da moción de MM. https://t.co/WhI7g0q9au
Dende Manifesto Miñor, presentamos unha moción na MAIV para denunciar o xenocidio que o goberno sionista de Israel está perpetrando en Gaza, e agora no Líbano, a través dun pronunciamento do organismo mostrando a solidariedade do Pleno
@CastoMaga94 Non é a primeira vez que fixemos actuacións para reclamar a gratuidade da AG-57 nin, lamentablemente, será a última. En todo caso, non entendemos a política como unha competición por ver quen chega primeiro a publicar nas redes ou nos medios. https://t.co/Vtdv7bzz1O
Facer da AG-57 unha autovía gratuita sería moi beneficioso para o Val de Miñor pois aliviaría o tránsito en moitos puntos conflictivos do Val Miñor, como Vincios ou a estrada entre Gondomar e A Ramallosa, por non falar de que facilitaría o acceso a Baiona. https://t.co/juS3w59gIT
#FóraPeaxesAG57 O compañeiro Antonio Araújo participou en Hora 14 de Radio Vigo para explicar a necesidade de liberar de peaxes a AG-57 e convertela nunha vía de comunicación interna entre os concellos da Comarca.
🫵 #atúaopiniónconta#SumandoPoloBenComún
Nunha carta remitida a Cambra esta semana, a presidenta de Manifesto Miñor, María Luisa Varela, deulle traslado á concelleira do acordo asembleario e, ao tempo, explicoulle os motivos expostos polas compañeiras e compañeiros de Manifesto Miñor.
se poña a traballar e desenvolva un estudo da situación da rede de saneamento para comezar a substitucións das tubaxes deterioradas e realizar a separación de pluviais coa finalidade de poder facer novas acometidas con garantías.
🫵 #satúaopiniónconta#SumandoPoloBenComún
No barrio do Souto, na parroquia de Santa Baia, cada vez que vén unha pouca choiva, rebenta a arqueta e a "merda" (con perdón) éntralle polas casas ás veciñas e aos veciños.
Dende Manifesto Miñor, denunciamos unha vez máis a situación precaria da rede de saneamento en todo o concello, sen separación de pluviais e fecais na maior parte das canalizacións principais. Esiximos a Paco Ferreira, unha vez máis, que deixe de malgastar os cartos públicos(…)
Dende Manifesto Miñor, non deixaremos de denunciar a inseguridade, sobre todo para peatóns, na estrada entre o Telleiro e a Esparela, aínda que o Goberno socialista do señor Ferreira nos oculte a información ou nos responda con evasivas.
As actuacións para limpar as cunetas na parroquia de Borreiros, na estrada entre o Telleiro e a Esparela, é só un parche que non soluciona o problema real dese vial con tanto tránsito.
🫵 #atúaopiniónconta#SumandoPoloBenComún https://t.co/UlzsuAoux3
O Sr. Alcalde comprometeuse hai mais dun ano a redactar un proxecto de beiravía que sería consensuado coa parroquia. Fíxose un anteproxecto con varias alternativas para escoller unha delas e, a día de hoxe, a parroquia non sabe nada e o proxecto definitivo esta sen facer.