🏖️ Galicia terá este ano 118 praias con Bandeira Azul, e consolídase como a 3ª comunidade con máis areais galardoados.
📍 Por primeira vez, unha praia da provincia de Ourense, a dos Franceses (A Veiga), lucirá este distintivo
ℹ️ https://t.co/OQy6ELrFW0
Bos días! Comezamos este luns con brétemas que se irán disipando co avance da mañá. Mantense a inestabilidade atmosférica, con chuvascos treboentos, máis intensos á tarde no interior.
Temperaturas cálidas, fóra do nivel de aviso.
⚠️Avisos por treboadas na montaña de Ourense
🗣️ Este luns ábrese o prazo para optar a algunha das 50.244 novas prazas de FP para o vindeiro curso
🗓️ O período para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de xuño
ℹ️ https://t.co/u7vgmeQcqF
É un pracer participar na Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, unha cerimonia fondamente ligada á historia, á tradición e á identidade de Lugo e de toda Galicia.
Un acto que mantén viva unha parte importante do noso legado
Galicia bate récord de solidariedade en 2025:
💠105.337 doazóns de sangue
💠9.275 persoas doaron por primeira vez
A nosa comunidade mantén así unha das taxas de participación máis altas do Estado
https://t.co/Qn1Cbtp867
☀️Este 2026 alongamos a celebración do Día da Música o 21 de xuño cun #SosticioMusical que rende homenaxe á tradición galega.
🎵2 concertos especiais, con Radio Cos e Lagharteiras, mais un taller de baile con Serxio Cobos para gozar da música sen parar no día máis longo do ano.
Os protocolos de protección aos núcleos de poboación de Cruxeiras de Abaixo e Sobrerribas en Carcacía, #Padrón están activados debido á proximidade do incendio.
Este é o mapa das máximas que se rexistran ata as 13:30. Os valores máis altos están no noroeste de #Galicia, con #Coruña Torre de Hércules 35.9ºC, #Rus#Carballo 35.4ºC e #Narón 34.8ºC
Ver avisos https://t.co/MsY7dkUDGr
Na segunda edición de A Galicia Inédita, recoñécese o traballo dos fotoxornalistas que nos axudan cada día a mirar Galicia con máis fondo e máis verdade.
Unha homenaxe ao seu talento, á súa ollada e a un oficio imprescindible para contar o que pasa
#GaliciaCalidade
🌡️ A @Xunta rebaixa mañá sábado a alerta por calor no interior de Pontevedra a nivel laranxa
🟠 Mantense tamén o nivel laranxa no interior da Coruña e o amarelo nos concellos da costa coruñesa
🔗 https://t.co/njoi3pG9sM
Igualmente que fixemos onte, hoxe achegamos o mapa das máximas rexistradas. Destacan #Ourense Estacións 37.8ºC e de #Meder#SalvaterraDoMiño e #AGanxa#Ponteareas con 37.7ºC
Mañá falaremos novamente de calor pero tamén de treboadas, sobre todo nas zonas altas de #Lugo e #Ourense
🖼️ A Xunta exhibe obras da colección do Centro Galego de Arte Contemporánea nunca antes expostas
👉 @lopezcamposgal inaugurou a exposición ‘Illa ignorada’ con creacións de 16 artistas
ℹ️ https://t.co/mXGBvkA5eg