Nas #cousasdeGago do #tardepiaches da semana pasada, visitamos con @Santy_EA a ribeira de Leiro (Rianxo) para coñecer onde apareceu o famoso 'casco' da Idade do Bronce. E temos a José Vicente Somoza (descubridor) e Elena Cabrejas (arqueóloga) para contarnos detalles chulos.
II Premio de teatro para a mocidade Begoña Muñoz Saa. En Maiores de 18 anos a gañadora foi Selenitas, de Raquel Castro Martínez. En Menores de 18, Mateo Silva Conde, alumno do centro, con Derrubando fronteiras de formigón. Parabéns e grazas pola participación. @bescolaresgal
Onte tivemos unha moi agradable sesión do C.L. Afouteza. Partillamos moitas inquedanzas, reflexións e mesmo receitas para enfrontarmos esas mil cousas que colapsan as nosas vidas ou que nos levan a ser tan só "suxeitos do rendemento". #ClubsDeLectura@bescolaresgal@xoantallon
Non podemos estar máis contentas e emocionadas coa participación no II Premio Begoña Muñoz: 16 textos presentados! Grazas a todas as persoas participantes. En breve, convocamos xurado e saberemos gañadoras/es. Marabilla! @bescolaresgal
E mañá xuntamos as Mil cosas de @xoantallon con La Sociedad del cansancio de Byung-Chul Han. Présa, autoesixencia, rendemento, depresión, agotamiento, vacacións, multitarea, hiperestimulación, dispersión, dopaxe, autodestrución... STOP!!!! #ClubsDeLectura@bescolaresgal
Parte do C. L. Afouteza na presentación de Asasinato no muiño do cura, con Arantxa Portabales. O novo espazo Tanco foi un marco perfecto!
#ClubsDeLectura
No enlace podedes ver a curta ❞𝐕𝐢𝐥𝐥𝐚 𝐋𝐨𝐬 𝐀́𝐧𝐠𝐞𝐥𝐞𝐬❞, escrita e dirixida por Cruz Risco 🎬✨
A peza proxectouse en primicia este sábado nas xornadas que lle dedicamos a esta pioneira do cinema galego e filla de Vicente 💫🎞️
https://t.co/7EfETVjoBV
Ao longo dese martes estivemos, da man de destacados especialistas internacionais, redescubrindo que o liderado das mulleres na Idade Media foi moito máis complexo e relevante do que contan as fontes tradicionais.
📷 Tere Navarro
Aberto o prazo do Premio Begoña Muñoz Saá de creación teatral para a mocidade e breve. Este ano tamén con sección xuvenil. O cartel deseñado por Antela Costa Muñoz, con moito agarimo. Así de fermoso quedou!
@bescolaresgal
E a biblioteca moi presente no programa especial sobre o IES Ramón Otero Pedrayo! Ademais dos traballos do Stembach, os poemas de Otero musicados por María do Ceo, o Premio Begoña Muñoz... #Radionabiblio https://t.co/yeXEiBGWTS
Xa está aquí o 𝟒º 𝐄𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐨 𝐃𝐞𝐬𝐞𝐧̃𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨! ✨
Temos a sorte de acoller esta edición en Allariz, o 18 de abril.
📌 Inscrición preferente para persoas asociadas
⏳ Prazo ata o 11 de abril ás 14.00 h
🔗 Máis info e inscrición: https://t.co/AVT6UDGNZu
8M NON É FLOR DUN DÍA. Xuntanza no corazón da cidade: Otero, 12 de O., Couto e Laboral. Cancións e danzas. Poesía e Música. Manifesto e reivindicacións. Comando Otero Diverso Libre, Proxectas de Igualdade, EDLG, Biblioteca Escolar. Todas a unha cunha flor na man! @bescolaresgal
🎉 Hoxe, 𝟓 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐳𝐨, conmemoramos o aniversario do nacemento de Otero Pedrayo.
Dende a Fundación, e aproveitando que este 2026 é o 𝐀𝐧𝐨 𝐎𝐭𝐞𝐫𝐢𝐚𝐧𝐨 📚✨, queremos renderlle unha pequena homenaxe con este cadro de Conde Corbal que custodiamos nos nosos fondos.
Seguimos formándonos, desta volta nos Encontros 2026 PLAMBE.
Aquí fálase do impacto da IA na lectura, escritura e acceso á información, de Bibliotecas solidarias e voluntariado, de colaboración...
@bescolaresgal
Preparadas, listas... A puntiño de botar a asubiar a Radio na biblio! Grazas a Radio Canedo, a Carlos, a Sergio Pascual (marabilla de Obradoiro), ás profes e ó alumnado entusiasta que está a todo. O Xardín do Posío, protagonista, pero hai moito máis!!!! Asubiamos!
@bescolaresgal