Hoxe visitamos o centro de saúde de Cambre e puidemos comprobar a mellora dos tempos de consulta e da calidade da atención prestada grazas ao novo modelo de axendas da Atención Primaria.
As achegas do persoal resultan fundamentais para avaliar e introducir os axustes necesarios.
As enfermidades cardiovasculares son un dos grandes retos da nosa sociedade e coñecer os factores de risco é o primeiro paso para poder actuar sobre eles.
A prevención é unha responsabilidade compartida entre as administracións, os profesionais sanitarios e a cidadanía.
Un orgullo que a Estratexia de Compra Pública Innovadora do Servizo Galego de Saúde sexa recoñecida nos Premios Europeos do Sector Público (EPSA) 2025-26.
Un premio ao talento dos nosos profesionais e ao compromiso coa innovación para mellorar a vida das persoas.
A etapa universitaria implica importantes cambios vitais, que poden implicar situacións como ansiedade.
Hoxe coas tres universidades públicas reforzamos o compromiso da @Xunta coa saúde mental do estudantado coa sinatura dun convenio que incide na prevención e coordinación.
Nas II Xornadas de boas prácticas comunitarias en saúde ambiental destacamos o papel dos concellos no Plan galego de saúde ambiental 2026-2030.
A calidade da auga, o aire que respiramos ou as temperaturas ás que estamos expostos teñen unha influencia directa na nosa saúde.
🔷O III Encontro Médico de Bergantiños contribúe a achegar a medicina á cidadanía e a estreitar a colaboración entre facultativos
🥼Unha cita que nesta ocasión rende homenaxe ao doutor José Manuel Lado Romero, polo seu percorrido na psiquiatría galega
Hoxe, en Lugo, compartimos unha prioridade: ofrecer ás persoas con cancro unha atención integral, que combine os avances médicos co acompañamento.
Os cribados, a investigación e a innovación son fundamentais, pero tamén situar as persoas no centro de cada decisión asistencial.
Controlar a glicosa, axustar a insulina, planificar cada paso. Convivir coa diabetes é pensar nela todos os días, e facelo en compañía marca a diferenza.
Neste Día Mundial da Diabetes agradezo o labor de Auria e Anedia, que acompañan ás persoas con diabetes e ás súas familias.
Hoxe visitamos o Hospital de Día de Saúde Mental de Ourense, renovado con máis de 83.500 € para gañar 135 m² e 5 novas consultas.
Melloramos os espazos terapéuticos e de convivencia para ofrecer unha atención máis humana e favorecer a recuperación dos pacientes.
Presentamos o Plan galego de atención paliativa e cronicidade complexa en pediatría 2026-2030, centrado no benestar dos menores e no acompañamento ás súas familias.
Queremos que preto de 1.000 menores reciban unha atención máis próxima, coordinada e adaptada ás súas necesidades.
💉 @AntonioGCaamano anima á cidadanía a vacinarse fronte á gripe
📊 O 74 % das persoas de 80 ou máis anos xa están inmunizadas en Galicia
ℹ️ https://t.co/Exfd7HgVIT
🗣️ Máis de 106.000 alumnos galegos xa saben como actuar ante unha parada cardíaca grazas ao programa RCP na aula
👩⚕️ Unha aprendizaxe posible tamén grazas á formación do profesorado por parte dos profesionais do 061
ℹ️ https://t.co/bQYkT005bt
Cada vez son máis as persoas que se protexen fronte á gripe. En Galicia, o 74 % dos maiores de 80 anos xa está vacinado.
Animo a toda a cidadanía, especialmente ás persoas dos grupos de risco, a sumarse á campaña. Vacinarse é clave para previr complicacións e protexer a saúde.
Hoxe no CEIP de Sigüeiro comprobamos como o programa RCP na Aula achega aos máis novos coñecementos fundamentais para actuar ante unha emerxencia cardíaca.
Máis de 106.000 escolares formados nun programa pioneiro en España que contribúe a salvar vidas.
Hoxe participamos na presentación da Cebra de Cores no Hospital Clínico de Santiago, unha iniciativa para visibilizar as enfermidades raras.
Un xesto simbólico que nos lembra a importancia de avanzar no diagnóstico precoz e na atención integral aos pacientes e ás súas familias.
Hoxe rendemos merecida homenaxe ao profesor José Peña Guitián, figura clave na transformación da pediatría galega e mestre de xeracións de médicos.
O seu legado científico e humano segue presente na atención sanitaria dos nenos e nenas, unha prioridade para Galicia.
O CIS de Lalín xa aplica o novo modelo de axendas de atención primaria nos seus 13 cupos de medicina de familia.
Un centro que suma Endocrinoloxía e Neuroloxía á súa carteira de especialidades, achegando máis servizos sanitarios á veciñanza da comarca de Deza.
Comezamos no centro de saúde de Vite o programa piloto de Teledermatoloxía, que tamén se está a probar en Pontevedra e Vigo.
A nova aplicación Sergas Prof facilita a xestión de máis de 60.000 teleconsultas anuais entre Medicina de Familia e os Servizos de Dermatoloxía.
A @Xunta recoñece, respecta e protexe o dereito das mulleres a abortar nos termos establecidos pola lexislación estatal vixente.
O 99 % das interrupcións voluntarias do embarazo realizadas no primeiro semestre de 2026 fixéronse na sanidade pública.