Hoxe presentei a mina precandidatura para a secretaría xeral do @psdegprovcoruna.
Agardo contar unha vez máis co apoio da militancia para continuar fortalecendo o noso partido na provincia co obxectivo de gañar as próximas eleccións municipais e manter o goberno da Deputación.
🔴 O PSdeG de Pontedeume insta á Xunta de Galicia a actuar ante o aumento da presenza de xabarís nas zonas urbanas e parroquias do municipio.
O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno unha moción para reclamar medidas de control e prevención.
ℹ️ https://t.co/74SgsB02Mx
Participamos no II Foro de Estranxeiría do Padroado Concepción Arenal, un espazo necesario para falar de migración, dereitos e convivencia.
Grazas polo convite e polo enorme traballo que desenvolvedes acompañando ás persoas migrantes.
Hoxe volvimos coller o tren 🚆
Non por nostalxia. Por reivindicación.
Ferrolterra e Ortegal merecen un ferrocarril digno, útil e con conexións á altura.
▶️ Bernardo Fernández Piñeiro @Bernardo_FerPi, secretario xeral provincial e portavoz do Grupo Provincial Socialista, explica nun minuto as tres mocións presentadas polo PSdeG e aprobadas no último pleno da Deputación da Coruña
Hoxe estivemos na inauguración da nova sede do PSdeG de Oroso.
Coa nova equipa liderada por Fernando Gutiérrez, temos un proxecto forte, unido e preparado para recuperar a confianza da veciñanza e volver impulsar as políticas que modernizaron Oroso.
📍 O socialismo de Oroso estrea nova sede.
A inauguración contou coa participación do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; do deputado do Parlamento de Galicia, Aitor Bouza; e do secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro.
A Xunta ten as competencias para solucionar a alarmante presenza de xabarís na vila e nas parroquias de Pontedeume 🐗
👉 O Concello xa aprobou unha moción neste sentido no pleno, e agora levamos a cuestión ao Parlamento
ℹ️ Máis info en https://t.co/5FucaiFoAI
🥳 Vémonos este domingo en Esmelle, Ferrol, para celebrar o día das Letras Galegas!
13:30h 🚶♂️ Visita ao Castro de Esmelle
14:30h 😋 Picnic
16:30h 🎪 Show Improletras, con Susana Sampedro e Antón Coucheiro.
🎶 Música Popular a cargo de Toxos e Froles.
🐙 Ración de polvo e empanada.
Na Semana das Letras do @socialistas_gal , no encontro celebrado na Coruña, defendemos o galego como o que é: identidade, cultura e futuro.
Fronte ás políticas de retroceso do PP, fan falla compromiso e recursos para que a nosa lingua volva gañar espazo entre a mocidade.
🏭 Dende o PSdeG reclamamos a implicación da Xunta ante o ERE en Nestlé en Pontecesures.
✊ Hoxe participamos na manifestación convocada en apoio ao comité de empresa e aos traballadores e traballadoras da factoría.
ℹ️ Máis info en https://t.co/LGxKa87L8F
📸 Fotos da primeira xornada da Semana das Letras, no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña
Contamos con Imma Ferret, voceira de catalán do PSC, e Pau Blasi, voceiro de euskera do PSE-EE. Tamén con Besteiro, Bernardo Fernández, Inés Rey, Nico Casares e Silvia Longueira 🌹
Celebramos as Festas da Ascensión de Santiago coa nosa familia do @socialistas_gal .
Tradición, encontro e orgullo de cidade para seguir compartindo Compostela.
En Pontecesures, coas traballadoras/es de Nestlé.
Defendendo emprego, familias e futuro industrial.
A Xunta de Rueda non pode seguir mirando para outro lado. Imos levar esta loita tamén ao Parlamento.
Bernardo Fernández e Aitor Bouza esíxenlle á Xunta que apoie ao sector marisqueiro e ás artes menores de Pontedeume 🦀
👉 Precísase unha mesa de negociación específica, compensacións económicas e revisión das indemnizacións xa existentes
ℹ️ Máis info en https://t.co/O8p1F6ueQa
O sábado estivemos, unha vez máis, xunto ó Foro Cidadán polo Ferrocarril para esixir transporte digno nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal 🚄
@Bernardo_FerPi, secretario xeral provincial e alcalde de Pontedeume, acudiu xunto a compañeiros e compañeiras socialistas da bisbarra
🚍 Denunciamos as deficiencias no transporte metropolitano por estrada e reclamamos á Xunta solucións inmediatas.
📉 Retrasos, supresións de servizos e autobuses completos están a dificultar a mobilidade diaria da cidadanía.
ℹ️ Máis info: https://t.co/BY9MGlsJFk
📰 A @BBCNews faise eco da visita dos deputados @Bernardo_FerPi e Antonio Leira a Southampton para inaugurar unha nova mouteira do Camiño Inglés.
💻 Preme aquí abaixo para ler a reportaxe.
https://t.co/SJPWBe58E4