A USC, logo da decisión adoptada no Claustro celebrado no día de onte, cesa a creación de contido na plataforma social X en todas as contas de tipo institucional.
👩🌾 O @CampusTerraUSC, referente en innovación agrícola grazas a súa participación en tres grupos operativos supra-autonómicos que están a traballar ao abeiro das axudas da AEI-Agri: @go_climalact, @Ash4Soil_GO e @GO_PRERIVID 👇
https://t.co/IB1ixMmyJh
🌳 O grupo UXAFORES da @EPS_Enxenaria buscou, durante este ano, optimizar a sustentabilidade e a rendibilidade das comunidades de montes a través da recollida e análise da fertilidade física, química e biolóxica de solos en diferentes puntos de Rianxo https://t.co/0oIv9TDsCs
🏛️ Reforzar o valor cultural do patrimonio artístico da nosa cidade é a razón de ser de ‘Entremurallas. (Lugo. Patrimonio y Arte)’, un traballo colectivo promovido polo @grupoIacobus que será presentado mañá ás 12:00h na Facultade de Humanidades 👇
https://t.co/EPQZZ9vrzB
📢 Se non puideches asistir á primeira sesión do DivúlgaT ou quedaches con ganas de máis, estás de sorte! Mañá terá lugar a segunda e derradeira sesión deste evento de divulgación científica. Será a partir das 19:30h en @o_vello_carcere. Vémonos alí!
👉 https://t.co/wLc3OZ2Odh
🏔️ O proxecto @ruraltxa1, unha iniciativa de cooperación vasco-galega que conta coa colaboración da @UniversidadeUSC, leva identificadas e avaliadas unhas 23.000 hectáreas de Hábitats de Interese Comunitario de pastos, queirogais e turbeiras https://t.co/YLrXilyNDZ
🚀 Últimos días para inscribirse no @ExplorerByX! Se queres validar as túas ideas de negocio e transformar os teus proxectos en solucións viables, inscríbete antes do 10 de decembro a través da seguinte ligazón: https://t.co/YundcZftiZ Agardámoste!
👉 https://t.co/MWxWfbfDpV
🎬 O Certame de Videocreación da @UniversidadeUSC vén de recoñecer calidade narrativa e audiovisual das pezas ‘Telescopio de futuro’, do IES Leiras Pulpeiro, e ‘Habitar_Deshabitar ou a morte dun recordo’, obra de Laura Menéndez Sánchez. Parabéns! 👇https://t.co/oCQ7WCuOnc
💃 Danza e música para representar as diferentes migracións que se poden dar nun ser humano. Este é o fío condutor de ‘MIGRACIóNS’, un documental do Espazo de Danza da @UniversidadeUSC que será estreado mañá ás 20:00h en @o_vello_carcere
https://t.co/bsfUyBg7Pt
🪙 75 millóns de euros. Este é o valor total que xerou a actividade do @CampusTerraUSC na provincia de Lugo durante o ano pasado, unha cifra recollida nun informe pioneiro no que se debulla o retorno social e o impacto económico do campus na súa contorna
https://t.co/CVCCdcTVgc
🔥 En Galicia coñecemos de primeira man a dimensión dos estragos causados polos incendios forestais. Una lacra que, para combatela, debe de ser estudada dende perspectivas integradoras como a de Óscar Cruz, o noso entrevistado de hoxe 👇
https://t.co/ndnV2PXpAp
💡Xa está aquí unha nova edición de DivúlgaT, o evento de divulgación no que se amoso traballo que se desenvolve no noso campus dunha forma amena e accesible. A primeira xornada terá lugar mañá no Vello Cárcere. Agardamos por ti!
👉 https://t.co/zSliQ2jzXe
🌿 O @CampusTerraUSC acollerá o vindeiro 5 de decembro unha xornada organizada pola Cátedra Juana de Vega (@UniversidadeUSC e @fjuanadevega) centrada en recoñecer o labor pola innovación social no rural das mulleres emprendedoras https://t.co/diTop6IFWw
♻️ A valorización dos subprodutos da industria alimentaria será a protagonista dunha xornada de transferencia de coñecemento acollida pola @aplta_USC o vindeiro 28 de novembro, ás 16:30h. Podes incribirte a través do mail [email protected]
https://t.co/e9SmwKicou
💜 Non son cifras, son persoas. Baixo este lema congregouse hoxe a comunidade universitaria do @CampusTerraUSC para rexeitar a violencia contra ás mulleres e lembrar ás vítimas da violencia de xénero neste 25N
👉 https://t.co/XEiv1sMJXC
🤝 O alumnado da Facultade de Veterinaria e da @EPS_Enxenaria, do @CampusTerraUSC, beneficiarase do programa para a realización de prácticas académicas externas asinado pola a @UniversidadeUSC e a Consellaría de Medio Rural da @Xunta https://t.co/69wrTvR9Hr
🌱 A Memoria de Actividades do @CampusTerraUSC 2024, un balance das diversas accións realizadas no noso campus ao longo de todo o ano, vén de ser aprobada trala súa presentación no marco da xuntanza da Comisión reitora do Campus Terra
👉 https://t.co/F08iViS190
Un bastón que é un GPS, un sistema de carga solar, un apoio dinámico para moverse en terreos con desniveis ou un foco para escenarios de pouca visibilidade. Presentámosvos BastAll, o proxecto gañador da cuarta edición do Terra Creative Jam.
https://t.co/nAd3DTQDYv
A nosa compañeira Patricia Cazón (@UniversidadeUSC) organiza esta xornada financiada pola @depulugo nas nosas instalacións.
Tedes toda a info en https://t.co/2ETC3cpeec