Amigues, ampliamos ata o 10 de xullo a data de recepción de colaboracións para o fanzine de Festa Rachada.
Enviade as vosas movidas festeiras a [email protected]
Fun invitado a ilustrar o cartel desta edición do @VinetasCoruna , con algunhas das personaxes de autorxs que participan no festival.
Xa podo engadir outra cousa á lista de boas experiencias que me trouxo o debuxo!
Mil grazas a Manel Cráneo polos consellos e a confianza!
🐺 Un deseño que fixen para ilustrar unha idea da xente do Club de Raza Can de Palleiro, "inspirado" nos parches que levan os traxes dos astronautas 🌍🌠
Unha das cousas que máis disfrutei debuxar o ano pasado!
Debuxei para o clásico calendario do @Sindicomic 🥰 E ademáis tocoume o mes no que nacín!
O tema deste ano eran os grupos de música ficticios, así que escollín o "Samurai" de @CyberpunkGame que interpreta @Refused
Había tempo que non facía un cómic completo, se tendes curiosidade por ler esta e máis outras historias, na tenda da editorial podedes conseguir un exemplar!
https://t.co/X7tz1EIwZ2
👽 Debuxei as cubertas para o Croio nº0 de @BaixoTerraEd, un libro que recopila historiazas de 4 autores e que tedes dispoñible para mercar na tenda da editorial. Non quededes sen el!
⚡Saiberpank⚡
A idea era representar ás creacións de Toriyama vivindo nas paisaxes galegas. A min tocoume o Obotchaman, de Arale, que sendo honesto non tiña nin idea de que existía xD. Sei moi pouco de anime, pero espero terlle feito xusticia!
A ilustración que presentei para a expo "Toriyama en Galicia", organizada por @VinetasCoruna en homenaxe ao autor e que estivo exposta na sala Salvador de Madariaga da Coruña.
Lembrade que twitter garda todo o que publicades e utilízao para entrenar a súa IA sen pedir permiso. Se o queredes desactivar, estes son os pasos.⬇️
Non sei ata que punto é efectivo, pero non custa nada desmarcar esa opción. 🤷
📖📙Debuxei as cubertas para Cartas do Inferno, unha das novidades que sacamos este ano en @BaixoTerraEd .
Desta vez o tema do fanzine eran as lecturas escolares obrigatorias. Se queredes un exemplar, pasade pola tenda e pillade un!
Esta é a ilustración que fixen para a cuberta de "O Segredo das Irmás Asorey", unha novela de Marta Estevez publicada por @airaeditorial e deseñada por @Kalvinger.