O @ClubSysca despide a tempada de piscina con catro medallas e dous récords galegos no Campionato de España
🌐 𝘼 𝙣𝙤𝙩𝙞𝙘𝙞𝙖 𝙘𝙤𝙢𝙥𝙡𝙚𝙩𝙖 𝙣𝙖 𝙣𝙤𝙨𝙖 𝙬𝙚𝙗
https://t.co/yOsQ3ad6LB
MEDALLA DE PRATA
A nosa deportista Noa Rodríguez proclamouse campioa de España na proba 100 metros socorrista xuvenil, cun tempo de 01:04:12.
Noa logra subirse ao pódium coa súa compañeira Marta, coa que disputou a gran final.
Parabéns!!
#FORZASYSCA
MEDALLA DE OURO
A nosa deportista Marta Eirís proclamouse campioa de España na proba 100 metros socorrista xuvenil, cun tempo de 01:04:10.
Marta logra subirse ao pódium coa súa compañeira Noa, coa que disputou a gran final.
Parabéns!!
#FORZASYSCA
CAMPIONATO DE ESPAÑA OPEN DE PRIMAVERA
Esta fin de semana terá lugar na Piscina Olímpica Municipal de Castellón o Campionato de España Open de Primavera das categorías xuvenil, xúnior e absoluta.
Desde o @ClubSysca desprazaranse un total de 12 deportistas.
Sorte!!
#FORZASYSCA
CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL E CADETE
Esta fin de semana terá lugar en Bétera, Valencia, o VII Campionato de España Infantil e Cadete de Primavera.
Desde o @ClubSysca desprazaranse un total de 9 deportistas, 4 infantís e 5 cadetes.
Moita sorte a todas e todos!!
#FORZASYSCA
CONCENTRACIÓN XUVENIL
Esta fin de semana tivo lugar na piscina de A Estrada a 3ª concentración xuvenil na que participaron 4 dos nosos deportistas:
- Marta Eirís
- Alejandra Casal
- Mateo Cerviño
- Mateo Castelo
Ademais, David Orgeira participou como técnico.
#FORZASYSCA
NOVO RÉCORD GALEGO
O noso deportista Gabriel Rodríguez Colferai estableceu no pasado Campionato Galego un novo récord na proba 100 metros rescate con aletas absoluta, cun tempo de 00.48.16, sendo o anterior de 00.48.67.
Parabéns!!
#FORZASYSCA
NOVO RÉCORD GALEGO
O noso deportista Álvaro Lavandeira Amado estableceu no pasado Campionato Galego un novo récord na proba 200 metros supersocorrista xúnior, cun tempo de 2.15.82, sendo o anterior de 2.18.39.
Parabéns!!
#FORZASYSCA
NOVO RÉCORD GALEGO
O noso deportista Joel García Lema estableceu no pasado Campionato Galego un novo récord na proba 100 metros socorrista xúnior, cun tempo de 00.54.20, sendo o anterior de 00.54.89.
Parabéns!!
#FORZASYSCA
SOMOS CAMPIÓNS GALEGOS
Esta fin de semana tivo lugar na piscina Rosario Dueñas, en Ourense, o Campionato Galego Xúnior e Absoluto.
Por quinto ano consecutivo os nosos deportistas proclamáronse CAMPIÓNS GALEGOS.
Parabéns!!
#FORZASYSCA
CAMPIONATO GALEGO CADETE XUVENIL
O @ClubSysca consolídase como o mellor club galego na categoría xuvenil.
Os nosos deportistas cadetes tamén tiveron unha boa actuación na competición celebrada en Caldas de Reis e proclamáronse subcampións autonómicos.
Parabéns!!
#FORZASYSCA
CAMPIÓNS DA LIGA ABSOLUTA
Esta fin de semana tivo lugar na piscina Antía García Silva a Fase Final da Liga Absoluta de 1ª División, na que os nosos deportistas acadaron grandes resultados tanto a nivel individual como por equipos, proclamándose campións.
Parabéns!
#FORZASYSCA
CAMPIONATO GALEGO MÁSTER
A pasada fin de semana celebrouse na piscina Antía García Silva o Campionato Galego Máster, no que os nosos deportistas acadaron grandes resultados:
🥇Máster feminina
🥉Máster masculina
🥈Máster conxunta
Parabéns!!
#FORZASYSCA
FESTIVAL ALEVÍN
O domingo tivo lugar na Piscina Club do Mar o Festival Alevín, unha xornada na que os máis pequenos desfrutaron moito en todas as probas.
#FORZASYSCA
SUBCAMPIÓNS GALEGOS INFANTÍS
Este sábado tivo lugar na piscina de Riazor o Campionato Galego Infantil, na que os nosos deportistas realizaron unha gran actuación. Como resultados podemos destacar:
🥈Infantil xeral
🥈Infantil masculino
🥉Infantil feminino
Parabéns!
#FORZASYSCA