🎶 A pasada fin de semana tivo lugar a IV Foliada Enxebre e Lembranza de Tino na Mata, unha tarde-noite de tradición, música e lembranza.
🪕 Unha nova edición desta cita organizada por Os Enxebres, que reuniu á veciñanza para render homenaxe a Tino.
https://t.co/bUDAMPeCYL
😯 Manolo Souto, As Avelaíñas, Vento da Barra, Estraperlistas de Santa Comba, a Coral San Martín de Canduas, Os Garuleiros e Jacinto Paredes e os Seus Acordeóns son os nomes que resaltarán no cartel.
🎵 Chega o II Festival Canduas é Música!
📍 A partir das 18:00 horas deste domingo 27 de setembro, a Casa Cultural de Canduas acollerá un encontro de agrupacións que farán as delicias dos amantes da música.
🏃 Máis de 600 persoas inscribíronse na XI Carreira Popular Dolmen de Dombate, que tivo lugar este sábado.
🙏 Moitas grazas a todos e todas por participar e tamén a quen fixeron posible a proba, que forma parte do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da @Depucoruna.
🎗 Cabana ponse en marcha contra o cancro da man da nosa xunta local da @ContraCancerEs.
🥾 A andaina terá lugar o vindeiro 3 de outubro, a partir das 16:30 h, con saída desde a praza do Pendón.
📝 Inscricións en calquera dos puntos indicados no cartel.
🪨 Os Quinquilláns trasládannos no tempo este sábado coa visita teatralizada "No tempo das pedras", no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate.
🎭 Haberá dúas sesións: ás 11:30 e ás 13:00 horas. Non o perdades!
🎉 Chega a Cabana o Festigual o vindeiro sábado 26 de setembro!
🎶 A partir das 12:00 horas, en Nantón, poderás gozar de música, sorteos, artesanía e boa compañía.
👉 Organizado por Asociación ÍNTEGRO coa colaboración do Concello.
🏡 O noso municipio acollerá unha residencia para maiores.
🤝 O Consello da Xunta aprobou un plan que proxecta dotar de este equipamento a 25 concellos, incluído o de Cabana de Bergantiños.
🗞️ Nova en @lavozdegalicia 👇
https://t.co/cPeQ5N0fZ3
🏃 Lembra que o vindeiro sábado, 19 de setembro, celebrarase a XI Carreira Popular Dolmen de Dombate!
👉 Aínda estás a tempo de participar, as inscricións permanecerán abertas ata o 16 de setembro a través de https://t.co/k9zBcCCA9T.
🙌 Anímate!
💜 O vindeiro 25 de setembro conmemórase o Día Mundial da Ataxia.
🎶 Con motivo desta data, celebrarase unha programación especial que terá como protagonista a estrea da canción «Ataxia».
🎤 Terá lugar no Auditorio de Cabana, a partir das 19:00 horas.
🎟️ A entrada gratuíta.
📢 Ampliamos o prazo de inscrición nas actividades sociais!
💻 Debido a unha incidencia no sistema de internet do Concello, ampliamos excepcionalmente o prazo de preinscrición.
🗓️ Tes ata mañá, 11 de setembro, ás 14:00 horas para inscribirte.
🎶 O vindeiro 19 de setembro, Cabana acollerá a IV Foliada Enxebre, unha xornada para gozar da música e da tradición galega.
📍 A partir das 18:00 horas, en A Mata.
🙌 Contamos contigo!
🛠️ A estrada AC-429 é unha das vías nas que a Xunta acaba de iniciar obras de mellora.
🛣️ Mellorarase o tramo de Cabana, entre Ponteceso de Cabana e Cabo de Area, en Laxe.
🗞️ Nova no @diariobergan.
https://t.co/NMtS8haoJ5
🚰 ATENCIÓN
💧 Hoxe, 7 de setembro, de 10:30 a 13:00 horas, terá lugar un corte de auga debido as obras de mellora.
🚫 Os cortes afectan a Fontenla, a Igrexa e o Burgo.
ℹ️ Para calquera aclaración, está aberto o teléfono ☎️ 981 75 44 73.
🙏 Grazas e desculpade as molestias
🌱 A actuación dotará as instalacións dun céspede de última xeración en 6.427 m² e incluirá a renovación do rego e da rede de pluviais, a iluminación LED, as porterías, os bandeiríns de córner e as varandas de seguridade. https://t.co/ZC9Bb8h1uW
⚠️ ATENCIÓN
💧 Hoxe, 4 de setembro, de 10:30 a 14:30 horas, terá lugar un corte de auga debido as obras de mellora.
🚫 Os cortes afectan a Fontenla, a Igrexa e o Burgo.
ℹ️ Para calquera aclaración, está aberto o teléfono ☎️ 981 75 44 73.
🙏 Desculpade as molestias.