🚌 Excursión a Ribadeo e Foz!
📅 Sábado 4 de xullo
🕗 Saída ás 8:00 h desde o Centro Médico
📍 Foz, Illa Pancha e Ribadeo
🍽️ Xantar de 5 pratos
💶 55 €
📝 Anotacións no Concello de Oroso antes do 29 de xuño.
🇵🇹🌍 Intercambio cultural xuvenil en Góis, Portugal
📅 Do 6 ao 12 de xullo
👥 Mozos/as de 15 a 20 anos empadroados en Oroso
📌 15 prazas por sorteo
📝 Inscrición: do 15 ao 19 de xuño no Concello
Unha experiencia para coñecer, convivir e representar Oroso.
🏖️ Volven os Martes de Praia en Oroso!
📅 Xullo: 7, 14, 21 e 28
📅 Agosto: 6, 13, 20 e 27
🕤 Saída: 9:30 h
📌 Prazas limitadas e preferencia empadroados
💶 Adultos 10 € | Nenos/as 5 €
Reserva no Concello. O verán tamén se desfruta en Oroso!
Os colchóns usados non se deixan nos colectores nin na vía pública.
📌 Voluminosos: ➡️ 1º venres de cada mes nas parroquias. ➡️ 1º sábado en Sigüeiro e Porto Avieira.
Pedimos responsabilidade e colaboración para manter Oroso limpo e coidado entre todos.
⚽🏆 Oroso acolle a final masculina da Copa do Sar!
📅 23 de maio
🕕 18:00 h
📍 Campo Municipal Lino Balado
⚔️ SD Negreira 🆚 CSD Arzúa
Convidamos á veciñanza e á afección a pasar unha gran tarde de fútbol en Sigüeiro. 🙌
📢 Charla informativa en Oroso: “O acollemento e o sistema de protección da infancia e adolescencia”, organizada por Acougo.
📅 29 de maio
🕔 17:00 h
📍 Centro Cultural Fernando Casas e Novoa
Haberá servizo de conciliación.
Un pracer compartir en Oroso con milleiros de persoas a súa tradicional Festa da Troita e degustar este produto de #GaliciaCalidade nesta cita que volveu contar co pregón do alumnado do IES do concello
Parabéns tamén aos vencedores das distintas categorías do Campionato de Pesca
💐 Feliz Día da Nai!
Hoxe celebramos o amor, a forza e a entrega de todas as nais.
Grazas por estar sempre, por coidar, acompañar e facer fogar cada día. 💙
O Concello de Oroso informa de que mañá abre a piscina municipal, en horario de 15:00 a 21:00 h, ata o 1 de xuño.
🎫 As persoas interesadas xa poden pasar a renovar os carnés ou a expedir novos carnés para esta tempada.
Todo está listo para comezar a desfrutar do verán en Oroso
🎣🛍️ Pesca o teu desconto na Festa da Troita 2026!
Do 4 ao 10 de maio, merca no comercio local de Oroso e aproveita agasallos e descontos especiais nas túas compras.
Unha campaña para apoiar aos nosos establecementos.
Merca no comercio local! 💙
⚽🏆 Chega a XII edición do Torneo F8 Oroso Fútbol 8!
📅 1 de maio: Alevín e Biberón
📅 17 de maio: Benxamín e Prebenxamín
📍 Campo municipal Lino Balado, Sigüeiro.
Dúas xornadas para gozar do fútbol base en Oroso! 💙
Recibimos hoxe a Valeria Batire Guridi, atleta de Oroso e subcampioa do mundo de canicrós
Foi un orgullo felicitala tamén pola Copa de España e polo seu segundo título de campioa de España nunha disciplina tan esixente
Todo un exemplo #GaliciaCalidade
📅✨ Aquí tes a programación da Semana Santa da UPA Sigüeiro–Barciela en Oroso.
🕊️ Uns días especiais, marcados pola tradición, a cultura e o encontro, que forman parte da nosa identidade como pobo.
📖🌹 Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía de Castro, figura esencial da nosa literatura e da identidade cultural de Galicia.
Unha xornada para lembrar o seu legado, a defensa da nosa lingua e o seu compromiso co pobo galego.
Que a súa palabra siga inspirando 💙
Roupeiro municipal completo neste momento.
A roupa debe estar en bo estado: poñeríaslla ao teu fillo/a? Non se admite roupa deteriorada nin para tirar.
Iremos solicitando o necesario segundo as necesidades.
Grazas pola colaboración 💛
⚽ Remataron as obras dos vestiarios do Campo de Fútbol do O Peteiro.
Visitamos as instalacións xunto con Belén do Campo, delegada da @Xunta na Coruña.
Unha actuación moi demandada, posible grazas ao Fondo de Cooperación Local.
O Concello de Oroso gardou hoxe un minuto de silencio polo asasinato machista ocorrido en Mos, no que perdeu a vida María Belén.
Todo o noso apoio á súa familia e achegados. Condenamos con firmeza a violencia machista.
🏫 150.000 € para a Escola Infantil da Ulloa
Onte asinamos coa Xunta de Galicia un convenio que permitirá mellorar instalacións, equipamento e crear un novo parque infantil exterior.
Un investimento clave para reforzar un servizo esencial para as familias de Oroso.
📚✏️ 𝗙𝗘𝗟𝗜𝗭 𝗩𝗢𝗟𝗧𝗔 𝗔́𝗦 𝗔𝗨𝗟𝗔𝗦 ✏️📚
Dende o Concello de Oroso queremos desexarvos unha moi boa volta ao cole a todo o alumnado, profesorado e familias que comezades hoxe un novo curso escolar.
👉 Que sexa un ano cheo de aprendizaxe, ilusión e grandes experiencias.