Todo listo para a XI Carreira popular deste domingo. Hai 346 persoas inscritas, 210 na absoluta e 136 nas categorías escolares. Durante o desenvolvemento da carreira absoluta haberá restricións ao tráfico na Bidueda e en Cornide.
Xa tes dispoñible na nosa canle de Youtube o vídeo do pleno ordinario deste mes de maio, onde quedou aprobado inicialmente o Orzamento municipal 2026 (3,9 millóns de euros). https://t.co/DqQmLSs7s3
Hoxe acollemos na Casa da Cultura unha xornada arredor da comercialización de experiencias turísticas do @xeocabortegal. @SecundinoGarcia asegurou que a xornada vai máis alá do técnico,xa que é unha aposta por "construír un futuro sostible para a comarca" https://t.co/d9u5IEvuD3
Colaboramos coa AGASPS en Vacacións en Paz, para acoller no verán rapazada que subsiste canda as súas familias nos campamentos de exiliados saharauís. Van máis de 50 anos de ocupación marroquí do seu país... e aínda non se lles deu solución. #saharalibre https://t.co/FiZnLzqBRo
Empezamos!!! Mira que ambientazo hai xa a estas horas na leira da Cortiña. Planta, flor, agroalimentación e unha chea de actividades compoñen, ata as 20:00h, a oferta desta XXIX Feira da Plantación de San Sadurniño.
Vaite vindo!
@xeocabortegal@DACTurismo@dinamizartj
A escola de Igrexafeita encara a súa recta final para converterse nun servizo de estimulación para persoas con alzhéimer e outras demencias coa axuda de @Afalferrolterra. https://t.co/OOOZEOxbg7
Atenea García e Vero Rilo, tráennos esta sábado “Bailen as vellas. Os contos das cereixas”(19:00h na Casa da Cultura, entrada de balde). Un espectáculo de oralidade feminina e en feminino encadrado no #8M que chega a San Sadurniño da man da Rede Cultural de @DACCultura
A AVV @ocastelonarahio volve poñer en marcha os Foros da Veiga como maneira de achegar coñecemento e fomentar o pensamento crítico entre a veciñanza. Este venres ás 20:00h representantes do @SLG_labregxs falarán sobre o tratado UE-Mercosur https://t.co/U8HrSNkVYB
Xa dispoñible o audio do pleno deste serán, no que se aprobou a distribución do POS+ e tamén adicarlle o nome de Rosalía de Castro á rúa de acceso ao Pav... @ivoox https://t.co/jXUOGqZwY4
O Punto Limpo móbil botará 15 días en San Sadurniño e 7 días en cada parroquia, intercalando paradas de dúas semanas na Praza Ramón Díaz Raña. Non substituirá a recollida domiciliaria de voluminosos, senón que vén para complementala. https://t.co/QVLhQr1JkZ
Audio do pleno no que se aprobou por unanimidade concorrer ao Plan Adicional 04 do POS+ da Deputación da Coruña, que suporá unha achega económica cercana... @ivoox https://t.co/JCyQgxnXjy
A delegada territorial da @Xunta, @MartinaAneiros, visitou hoxe o lavadoiro da Castiñeira, rehabilitado cunha axuda do IET. Aproveitamos para falarlle dalgúns temas pendentes e tamén doutros novos para os que sería interesante contar con apoio autonómico. https://t.co/sp5od4VV14
Velaí o audio do pleno ordinario de onte, no que se aprobou a solicitude á @depucoruna dunha axuda nominativa para rehabilitar a nave de Obras e Servizos... @ivoox https://t.co/Lomb02tCNR