🏆🐐 Parabéns á nosa veciña María Teresa López, da explotación Cabuxos da Riba, que obtiveron o 1º premio na categoría de femias maiores de 24 meses na Semana Verde de Silleda 2026.
👏 Un éxito que pon en valor o traballo do sector gandeiro
🔥 Noite de San Xoán en Cerdido
📍 O vindeiro 23 de xuño, a partir das 20:00 horas, no Campo da Igrexa dos Casás, celebraremos unha das noites máis máxicas do ano cunha deliciosa sardiñada.
🐟 Unha cita para gozar do ambiente festivo de San Xoán.
📞 Inscricións no 981 411 000.
🎉 O vindeiro sábado, 27 de xuño, chega a Feira dos Encontros de Cerdido.
🛍️ Haberá postos de artesanía, música en vivo co Dúo Boreal e Silvia Joyanes, xantar popular e xogos infantís.
🎶 Un día para compartir, gozar e encher Cerdido de vida.
🙌 Agardámosvos!
🩸 O vindeiro martes, 16 de xuño, contaremos cunha unidade móbil de doazón de sangue.
📍 Estará situada diante do Concello en horario de 18:30 a 21:00 horas.
❤️ Anímate a doar e axuda a salvar vidas.
☎️ Para máis información, podes chamar ao 900 100 828.
📚 O club de lectura do CEIP da Barqueira celebrou onte o seu fin de curso cun encontro moi especial coa escritora Marta Villar, autora da novela ‘Detective Ferruchi’, a través dunha videoconferencia.
👏 Desde o Concello de Cerdido agradecemos a súa amable participación.
🪡✨ Este mes de xuño o ciclo 'Unha obra, unha mirada' acolle as obras das nosas palilleiras locais!
O alumnado do curso de bolillo, impartido por Marisa Hermida e organizado por Albar Quercus, amosa así as súas preciosas creacións. 👀
🙌 É un orgullo tanto talento!
🎖️ A marca KB0 Ortegal entregou onte os distintivos ás primeiras 18 empresas ,acto que contou coa presenza do alcalde, Alberto Rey.
🍴 Obxectivo, poñer en valor os produtos agroalimentarios e mariños do territorio.
O Cerdido obtivo o distintivo pola empresa Cool Berries.
⚠ AVISO
💧❌ Detectamos unha fuga de auga na rede de subministración.
📍 Afecta aos núcleos de Chaíña, Seixas, Xiao e Rediz.
👷🏼♂️ Os operarios xa están a traballar para localizala e arranxala o antes posible.
🙏 Desculpen as molestias.
📢 A formación "Preparando ás PEMEs galegas para os novos desafíos: Ciberseguridade e cumprimento normativo", celebrarase o xoves 4 de xuño, de 9:00 a 11:00 h.
💻 Formato online.
✍️ Inscrición está aberta dende hoxe, 28 de maio, ata o 4 de xuño: https://t.co/JxzqCLJfes
🎓 O Concello de Cerdido e a Universidade da Coruña veñen de asinar un convenio de colaboración educativa para realizar prácticas académicas.
📚 Dirixido ao alumnado de grao, de mestrado e alumnado de intercambio.
ℹ️ Máis info: https://t.co/n11ihmdl26
🌍 Se es estranxeiro e resides en Cerdido, isto interésache!
📚 A Escola de Idiomas de Cedeira ofrece clases de castelán para as persoas veciñas que o precisen.
📞 Se estás interesado/a, podes chamar a Merce ao 626 473 753.
🌱 Oferta de emprego en San Sadurniño.
Traballo como peón agrícola en tarefas de limpeza e produción en invernadoiros.
🔹 Mulleres menores de 40 anos (non excluínte)
🔹 Traballo físico.
🔹 Xornada completa.
📞 Se estás interesado/a, chama de 10:00 a 18:00 horas ao 638 023 292.
🗓️ O vindeiro mércores 27 celebrarase en Cerdido un obradoiro de minerais.
🕕 Será de 18:00 a 19:30 horas na 📍 Área Recreativa do Castro.
🌾 Unha excelente oportunidade para achegarse ao mundo dos minerais.
➡️ Organizado polo Xeoparque Cabo Ortegal.
🙌 Agardámoste!
🗓️ Lembra que este sábado 23 de maio teremos unha tarde de Soul no Castro de Cerdido.
A partir das 🕖 19:00 horas contaremos coa actuación de 🎤 “Body&Soul trío” para gozar dunha xornada de musica en directo na 📌 Área Recreativa O Castro.
👐 Non faltes!
📚 Hoxe 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas, unha xornada para sentir orgullo pola nosa lingua e pola nosa cultura.
✨ Este ano está dedicado á escritora Begoña Caamaño, unha voz comprometida coa nosa literatura.
🌿 Dende o Concello de Cerdido, feliz día a tod@s!
👤 O alcalde de Cerdido, Alberto Rey, asistiu hoxe a 1º Xornada de Impulso da vivenda protexida en Galicia.
🤝 Analizáronse novas medidas para axilizar a construción de vivenda, impulsar o solo residencial e reforzar a colaboración entre administracións e sector privado.
🫐 A empresa Horticina busca arredor de 500 persoas temporais para a campaña de recollida de arandos en Cerdido.
🏆 A compañía é candidata aos Premios Galicia Alimentación 2026 polo seu modelo de produción sostible e descarbonización.
https://t.co/CuPJ4DX4zH
🗓 Este sábado, 16 de maio, temos unha cita coa música da man de "Mallou".
🎶 A partir das 19:00 horas, a Área Recreativa do Castro coa súa actuación 'Cantares na Terra'.
🏅 No mesmo lugar, terá lugar a entrega dos premios da categoría de adultos do concurso de contos.
🤝 Reserva o 23 de maio para vivir unha auténtica tarde de Soul no Castro de Cerdido.
🎤 “Body&Soul trío” actuará en directo.
🎵 O concerto comezará ás 19:00 h na Área Recreativa O Castro, un espazo perfecto para desfrutar do bo ambiente.
🙂 Agardámoste!
📅 O vindeiro xoves, 28 de maio, acolleremos un taller da Fundación Naturgy sobre seguridade e prevención no fogar.
🕓 Terá lugar ás 16:00 horas na Escola da Avispeira.
📜 Inscrición nas oficinas do Concello, para calquera dúbida podes chamar ao 📞 981411000.