O fortalecemento das altas presións ao noroeste impulsará a retirada de #Galicia do aire frío en superficie e favorecerá a chegada dunha masa de aire cálido nos vindeiros días.
As temperaturas iranse normalizando, chegando a valores elevados a partir do domingo.
#FelizFinde
Bo día! Comezamos a xornada destacando os 11ºC de mínima rexistrados esta madrugada en #Cospeito. Nas zonas altas as mínimas baixaron dos 10ºC!
Hoxe en #Galicia vento do norte máis intenso á tarde que deixa chuvascos no terzo norte, sol na metade sur e máximas baixas para a época
A chegada dunha fronte fría deixa unha mañá en #Galicia de ceos cubertos e chuvias febles que irán a menos pola tarde🌦️ 👉 🌥️🌤️ ao sur.
O aire frío que arrastra a fronte traerá temperaturas baixas para a época. As máximas quedarán por baixo de 25ºC, en xeral arredor dos 20ºC
Bos días! Comezamos este domingo con algunhas nubes baixas e néboas en puntos das provincias de Lugo e Ourense📡👇
☀️Co avance da mañá iranse desfacendo para quedar con sol en toda #Galicia, cun lixeiro ascenso das temperaturas. #FelizDomingo
Bo día! Comezamos o sábado co paso dunha fronte pouco activa que deixa arestora chuvias algo máis intensas no interior da provincia da Coruña.
A tendencia é que a partir do mediodía se vaian abrindo claros en toda @Galicia, aínda coa posibilidade dalgún chuvasco illado no norte
Bo día! Noite tropical en puntos como #ACoruña ou #Ribadeo.
Durante o día teremos algo de chuvia. Pola mañá nas comarcas atlánticas, estendéndose a outros puntos pola tarde.
Esta situación continuará mañá sábado. O domingo recuperaremos o tempo de verán☀️
Bo día! Quedamos hoxe na zona de chuvascos logo do paso dunha fronte fría durante a madrugada. O ceo estará moi nubrado, con chuvascos ocasionais.
Mañá desaparecen as chuvias, iranse abrindo grandes claros e as temperaturas comezarán a recuperarse.
Bo día! Panorama meteorolóxico variado na fin de semana:
🔹Venres: Tormentas illadas no interior. Seco con grandes claros no litoral.
🔹Sábado: Tempo seco. Nubes no terzo norte. Sol no resto.
🔹Domingo: Aumento das nubes co avance do día. Chuvia ao final da xornada polo oeste.
Bo día! Poucos cambios na previsión. A tarde quedará solleira con temperatura máis alta canto máis ao sur.
O vento do norte continúa mantendo a raia á masa de aire africano que se move cara ao Mediterráneo occidental.
👇As cores vermellas representan a zona de aire máis cálido.
▫️Hoxe, tempo seco 🌤️☀️ máximas en ascenso 📈
▫️Mañá chega unha fronte polo oeste á mañá, irase estendendo a toda #Galicia.
▫️A partir do sábado pola tarde iremos recuperando a influencia anticiclónica 🌦️👉☀️
💥A Selección Galega de Fútbol Gaélico participará no Mundial 2023 que comezará este 24 de Xullo na localidade irlandesa de Derry.
Adiante coa irmandiña!! ❤️
@GaelicoGalego
Como vemos na animación das imaxes de satélite, hai unha fronte achegándose polo Atlántico, afectando a #Galicia esta noite, con chuvias febles no terzo norte.
De momento, no día de hoxe, bastantes nubes e algún orballo no noroeste, progresiva apertura de claros. Temps máx.📉
Chuvia acumulada nas últimas 12 horas🌧️
🧐Vindeiras horas en #Galicia
🔹Ceo parcialmente nubrado🌥️
🔹Precipitacións intermitentes🌦️
🔹Temperaturas en descenso📉
🔹Máximas de 20ºC-25ºC en xeral.
🔹Pódense superar os 25ºC na #MariñaLuguesa
🔹Vento do sudoeste.
#FelizFinDeSemana
Bo día! A fronte que chegará a #Galicia durante a noite vese xa con claridade na imaxe do satélite.
Mentres agardamos a súa chegada aínda gozaremos dun día de verán.
A fronte notarémola na vindeira noite e tamén mañá sábado con descenso de temperatura e chuvia pola mañá.
1️⃣4️⃣ años de la presentación de un tal Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro... El resto es HISTORIA.
📺 ¡Este y muchos más contenidos de @Cristiano, disponibles en #RMPlay!
👉 https://t.co/nhMUpgNeUd
#OTD