𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗠𝗔́𝗜𝗦 👑 O fútbol non perde a unha lenda: @aspas10 renova co Celta.
A falta dun partido para pechar a tempada, chega a noticia que todo o celtismo esperaba, que emociona a todos por igual. A que une xeracións. A que confirma que algunhas historias nunca terán final.
Iago Aspas renova a súa vinculación co club da súa vida. Faino como debe facelo unha lenda, con presente e futuro. 𝐀𝐬𝐢𝐧𝐚 𝐚𝐭𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟗 e seguirá defendendo o escudo celeste 𝐧𝐨 𝐜𝐞́𝐬𝐩𝐞𝐝𝐞 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝐦𝐚́𝐢𝐬 (“unha máis”). E no momento en que dea un paso fóra do terreo de xogo, farao á vez cara dentro do club. Unirase á súa estrutura para continuar aportando. O Iago Aspas de sempre, un novo Iago Aspas.
Porque aquel neno de Moaña que soñou con marcar un gol bonito co Celta dos maiores acabou converténdose na alma de toda unha afección. No canteirán que transformou o imposible en rutina, o que nunca deixou de crer e o que fixo que toda unha xeración medrase sentindo orgullo de ser do Celta.
Con el chegaron noites inesquecibles, goles que xa forman parte da memoria colectiva do celtismo. Chegaron récords, partidos históricos e unha maneira única de entender este escudo. Máximo goleador histórico do club, futbolista con máis partidos na historia coa camiseta celeste e símbolo absoluto dunha afección que se recoñece no seu carácter e nas súas raíces.
Non é que Iago Aspas sexa o mellor xogador da historia do Celta. É que Iago Aspas é o Celta. Un xogador que marcou unha época, que construíu unha identidade.
E agora, co Celta de novo rumbo a Europa. Vinte e tres anos despois daquela segunda clasificación continental consecutiva, cun equipo feito na casa, con talento feito na Madroa e co orgullo de Galicia por bandeira, Iago Aspas seguirá marcando o camiño e representando mellor ca ninguén o que significa defender este escudo.
Porque a historia de Iago Aspas e o Celta continúa.
Agora e sempre.
Parabéns, capitán!
Iago Aspas se ha convertido hoy en el 17º máximo goleador de toda la historia de la Liga, superando a Samuel Eto’o.
𝐋𝐄𝐘𝐄𝐍𝐃𝐀 𝐀𝐁𝐒𝐎𝐋𝐔𝐓𝐀 𝐃𝐄𝐋 𝐅𝐔́𝐓𝐁𝐎𝐋 𝐄𝐒𝐏𝐀𝐍̃𝐎𝐋 👑
El día que jamás queríamos que llegase ha llegado. Esta madrugada ha fallecido Pepe Domingo Castaño a los 80 años. No sabemos qué decir porque Pepe para nosotros lo era todo.
La radio ya nunca volverá a sonar igual sin ti. Esta familia ya nunca volverá a latir igual sin ti pero, por ti, seguiremos… Aún no sabemos cómo lo vamos a hacer pero seguiremos llenando el vacío que nos dejas con vida y radio. Te queremos Pepe, te queremos y te querremos siempre como tú nos has enseñado, con alegría y unidos.
PEPE DOMINGO CASTAÑO SOLAR, la LEYENDA de la RADIO.
𝟭𝟵𝟮𝟯 🩵🤍 𝟮𝟬𝟮𝟯
Hoxe non é un día máis,
hoxe non estamos nos albores dun día calquera.
Hoxe é o noso día, celtismo.
💯 anos do nacemento dunha paixón, dun sentimento, dunha bendita condena.
Xustamente hoxe, fai un século que naceu o #RCCelta.
#100anosdeAfoutezaeCorazón