This is the sport we love ❤️
After Vuelta stage and podiums were cancelled, the riders took some banners and decided to organize for themselves an award ceremony in the night at some parking lot. 🥹
Thank you for the photos TV2 Denmark. Love you for that. 🫶🏻 #LaVuelta25
[COMUNICADO] 🖊️ Europa recibe aos Fillos dunha Paixón.
É unha consecuencia. Unha consecuencia dunha afección entusiasta, dunha canteira única ao amparo de grandes veteranos, dun fútbol pleno de valentía e ambición, de converter o “queremos máis” nun obxectivo e non nun lema baleiro, de crer, querer e soñar.
O RC Celta regresa a Europa, Europa regresa á vida do RC Celta, por décima vez, case 10 anos despois. Con 10 futbolistas e empate no marcador quedaba este equipo hai uns días e o partido acabou con xogadores e xogadoras celestes celebrando unha vitoria clave, mesturados coa afección, cantando ao unísono. Esa imaxe define este éxito. Da bancada saíron moitos dos futbolistas que locen agora o escudo no campo, nunca deixaron de ser parte dela.
E falta un 10 nesta serie de coincidencias, pero nin sequera fai falta verbalizar a quen corresponde, nin enxalzar o que fixo, ou soñar co que fará. As súas bágoas de frustración e tristeza en Old Trafford son agora de felicidade.
A afección vive con entusiasmo este regreso, sente parte del. E o é, máis que nunca. O Celta volve a Europa cunha clara identidade, con raíces fortes e profundas, con orgullo, da man dos fillos dunha paixón.
Outro 10, xigante da nosa historia, sacouse unha vez a súa camiseta celeste para mostrar unha mensaxe que este club, dirixentes, equipo, corpo técnico e empregados gritan:
GRAZAS, AFECCIÓN! 🩵