📚 Ata o 19 de xuño, podes solicitar as axudas de libros e material escolar para o vindeiro curso
➡️ Para rendas iguais ou inferiores a 10.000€ per cápita
♻️ Préstamo de libros do fondo
📘 Axudas á compra de libros
✏️ Vales para adquirir material
ℹ️ https://t.co/IqHUgvC1bN
🗓️ Xa temos data oficial para o inicio do curso 26/27!
Empezará o 9 de setembro e rematará o 21 de xuño de 2027
Tedes máis info na ligazón. E o luns estará tamén dispoñible no Diario Oficial de Galicia
ℹ️ https://t.co/N7V4DyQdTt
🔬 Hoxe celébrase en Ribadeo a XXXI Feira da Ciencia, a cita que pecha o calendario 2025/26 de #GaliciaEduca
➡️Participan 4 centros:
🔹IES Dionisio Gamallo
🔹CEIP Gregorio Sanz
🔹CPR Sagrado Corazón
🔹CIFP Porta da Auga
🧪Coñece os proxectos de ciencia, innovación e tecnoloxía
💡 Tui énchese de ideas para mellorar o mundo!
Esta semana celébrase o VI Congreso Educoods, unha das citas de #GaliciaEduca, o calendario de feiras educativas da @Xunta 📅
🔝 24 centros da comarca comparten proxectos sobre os obxectivos de desenvolvemento sustentable
📅 Derradeiro mes do curso 25/26!
Cales son as datas sinaladas do #CalendarioEscolar? 👇🏻
🌍 5: Día Mundial do Medio Ambiente
📚 15: Remate en 2º curso de FP
🎓 19: Remate en Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, Réxime Especial e 1º curso de FP
Imos a pola recta final! 💨
🗣️ Queres estudar o vindeiro curso nunha escola oficial de idiomas?
Anota estas datas 🗓️👇🏻
1️⃣ Novo alumnado
📝 Preinscrición: 15 de xuño a 6 de xullo
📚 Matrícula: 9 a 20 de xullo
2️⃣ Alumnado que continúa
📚 Matrícula: 8 a 19 de xuño
ℹ️ https://t.co/73bxdKrExq
📑 Listos para a PAU?
Nesta recta final, compartimos algúns consellos. Axúdanos Lucía Fernández, orientadora do IES de Breamo, en Pontedeume 🗣️
Ánimo! Xa non queda nada! 💪🏻💫
🎶 Lanzamos unha nova convocatoria de axudas para escolas de música e entidades sen ánimo de lucro
Obxectivo: apoiar a formación desde a infancia e achegar estas ensinanzas a máis persoas 🎷
➡️ Ata 9.000€ por centro
📅 Solicitudes ata o 31 de xullo
ℹ️ https://t.co/IsqF17yvbq
🎉 Parabéns aos gañadores!
Grazas a iniciativas como esta, fomentamos un uso responsable da tecnoloxía e hábitos dixitais saudables 🔝
Ese é un dos obxectivos do Plan de benestar dixital de Galicia 💻
💪Claudia Vilas, CEIP Humberto Juanes de Nigrán, Alicia Alonso, IES de Mos, e Bárbara Vizoso, Colexio de Fomento Montespiño da Coruña gañan o X Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos 2026
Convocado polo #CPEIG e @Xunta
➕https://t.co/QibTA9tOd6
✈️ O verán é un bo momento para viaxar e mellorar todo o aprendido en idiomas durante o curso
184 universitarios realizarán estadías en 12 países de Europa, América e Asia coas bolsas da @Xunta 📍
🌍 Resolta esta convocatoria do programa #Galemundo
ℹ️ https://t.co/u23PlAkG21
🎓 Recoñecemos 103 universitarios cos Premios Fin de Carreira 24/25
Bolsas de 3.500€ polo seu esforzo e excelencia
👩🎓 63% mulleres | 👨🎓 37% homes
🏫 @UniversidadeUSC 47 | @uvigo 40 | @UDC_gal 16
ℹ️ https://t.co/zcCCcpm7xk
🏛️ No #DíadosMuseos, compartimos 5️⃣ pezas do Museo Pedagóxico de Galicia para entender o ceo
Instrumentos históricos desde o século XIX cos que distintas xeracións aprenderon astronomía 🔭
Algúns mesmo se seguen empregando! 🌃
🗣️🎶 Falámola, lémola, escribímola, cantámola, bailámola... e vivímola
🌍 Temos unha lingua única para expresar culturas infinitas, festexémola‼️
💙 Felíz Día das Letras Galegas!
Galicia volve ser pioneira cunha Lei de Educación Dixital para ensinar, protexer e acompañar ao alumnado.
Regulará a IA nas aulas, a desconexión dixital e o uso da tecnoloxía con criterio, igualdade e sentidiño
#GaliciaCalidade
🏅Cos Premios Ángela Ruiz Robles recoñecemos os mellores expedientes das facultades
Cada universidade proporá ao alumnado con notas superiores a 8 no curso 24/25. Unha vez publicadas as listaxes, terán 10 días para aceptar 🤝
Bolsa de 1.600€ 👩🎓👨🎓
ℹ️
https://t.co/NduFCScUjl
🎓 Es alumno de ensinanzas artísticas superiores e vives a experiencia Erasmus+ este curso?
Podes solicitar bolsas da @Xunta de ata 195€/mes segundo destino 🇪🇺 ✈️
⏳ Prazo ata o 18 de maio
Queremos que vivas a mellor estancia!
ℹ️https://t.co/xi3qf28shO
📸 Así foi a entrega dos premios á excelencia académica! Os extraordinarios!
🏅 106 alumnos e alumnas recoñecidos
🎓 ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas Artísticas
Tes todas as imaxes na nosa galería do Facebook ⤵️
https://t.co/kpprNw3PaS