Nas pasadas edicións, foron varias as alumnas de #telecoVigo que obtiveron este galardón: Marielena Márquez (2021 e 2022), Andrea Bustos (2022), Henar Mariño (2023), Daniela Sanz (2024), e Adriana Pazos (2025). Non podemos sentir máis orgullo do talento das nosas estudantes ❤️
Xa está aberto o prazo para presentar candidaturas á nova edición dos Premios #GirlGeekPower da Cátedra de Feminismos 4.0 @depo_es - @uvigo!
Queren recoñecer a excelencia académica e contribuír a aumentar a presenza das mulleres nos ámbitos STEM.
➡️ https://t.co/dNCJxmHikG
Os docentes de #TelecoVigo Martín Llamas, Manuel Caeiro e Fernando Ariel Mikic participan neste proxecto que busca modernizar os sistemas de educación superior dos Balcáns Occidentais mediante a integración da intelixencia artificial no ensino e na aprendizaxe
A @UVigo participa en Reliable, un proxecto Erasmus+ de 400.000 € para impulsar a transformación dixital da educación superior nos Balcáns Occidentais mediante a #IA. Da man de persoal de @atlanTTic_uvigo e @EETelecoVigo
➡https://t.co/xFGHxbbzOS
#duvi#UVigo#atlanTTic
🎥 Velaquí un videorresumo da G-Night 2026: un evento coordinado pola UVigo no que participaron ducias de investigadoras e investigadores nas sete cidades galegas.
➡️ https://t.co/gGGnuace67
#SomosUVigo#XeraciónUVigo#MarcamosADiferenza
O último venres de setembro estivemos na expo-feira científica da @GNight_gal. No posto 'Pero ti sabes con quen estás falando?' (xunto con @atlanTTic_uvigo) achegamos ao público o funcionamento dos bots �� Foi un pracer compartir a nosa paixón polas telecomunicacións!
Este mércores estará a unidade móbil de doazón de sangue diante da Escola, en horario de 09:30 a 14:30 h. Só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros! #doasangue
A campaña “Un alento de vida” chega aos campus universitarios de Galicia
Se ves o noso bus, non o deixes marchar: sube, doa sangue e axúdanos a salvar vidas
@UniversidadeUSC@UDC_gal@uvigo
Parabéns aos tres novos directores e, especialmente, ao noso compañeiro Francisco Javier González Castaño, catedrático de #TelecoVigo, investigador de @atlanTTic_uvigo e, desde onte, novo director do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación
Ampla renovación á fronte dos centros de investigación da @uvigo. Tres deles, @atlanTTic_uvigo, @CIM_Uvigo e @cintecx, contan dende hoxe con novas direccións: Francisco Javier González Castaño, Elsa Vázquez e David Patiño, respectivamente.
➡️https://t.co/9JSukG6CYA
#duvi#uvigo
Imos ao teu centro! 🏫✨
Os nosos docentes dan charlas STEM en colexios e institutos para espertar vocacións tecnolóxicas. O curso pasado impartiron máis de 70 charlas sobre 5G, drones, ciberseguridade, IoT ou IA.
Queres solicitar unha? Tes a info en https://t.co/I5d01drdQp
A @uvigo ten aberto ata o 8 de outubro o prazo de presentación de candidaturas aos Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos TFG, TFM e teses impulsados pola Unidade de @igualdade_uvigo.
➡️ https://t.co/Y3wjVet3s8
#duvi#uvigo#egeria#premios#igualdade
A @uvigo abre a matrícula para unha nova edición dos obradoiros de Extensión Universitaria, con propostas que van dende a identificación de cogomelos ás tecnoloxías cloud. A programación está aberta a toda a cidadanía.
➡️ https://t.co/WwVlyWq1hm
#duvi#uvigo#obradoiros
Hoxe estamos de festa en #telecoVigo! 🎉 Celebramos o noso patrón e todo o que fai especial formar parte da Escola. Gozade moito e creade grandes recordos, pero sempre con sentidiño. Desexámosvos un magnífico #SanTeleco! 💙
A teoría sae do papel 📚➡️🥽 O alumnado de #TelecoVigo explorou hoxe en realidade virtual conceptos de Campos Electromagnéticos e TEM, difíciles de visualizar nun libro.
Probaron OndasXR, unha experiencia de RV desenvolvida por docentes da Escola para facilitar a aprendizaxe.
📚 Aberta a matrícula dos cursos de galego da @uvigo!
💻 En liña:
Iniciación, erros frecuentes, calidade lingüística, linguaxe administrativa e corrección da escrita coas TIC.
📅Inscricións ata 25 de setembro
🔗 https://t.co/HeK8dcmryi
#CursosDeGalego#LinguaGalega#UVigo
No suplemento Estela de @Farodevigo atopamos o perfil dunha exalumna de #telecoVigo: Nerea Míguez. Desde pequena sempre quixo entender como funcionaban os aparatos, e por iso estudiou enxeñaría de telecomunicación. Hoxe é directiva de @vodafone
https://t.co/fdy0hMUA1x