O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con @msabaris en Londres e dosdorei baixo o ceo azul de Bruxelas
🚨🎙️ Non podíamos marchar de vacacións sen episodio novo. E neste imos a outro continente.
As illas Canarias 🇮🇨 teñen unha identidade de seu ben marcada, consecuencia da súa xeografía, a conquista castelá e unha historia de colonialismo e alienación
https://t.co/CFOZZ3W2ib
@eurochallenges It has been a pretty warm week in this region of Europe, temperatures between 21 and 27 and pretty sunny skies. That video does not reflect the current protests.
Hai 36 anos desaparecía un estado do mapa de Europa. A Rep. Democrática de 🇩🇪 (a do leste) establecida no 1949, disolvíase e o seu territorio integrábase na República Federal.
Desde aquela, este día é celebrado no país como o día da unidade 🇩🇪
A invasión 🇷🇺 de 🇺🇦 está a acabar con comunidades nativas en Siberia e o ext. oriente ruso e por tanto coa diversidade étnica no país.
Por exemplo hai uns meses o exército 🇺🇦 comunicaba a captura dun soldado ket, unha minoría siberiana de 1K persoas, 30 aínda falan o seu idioma.
Hoxe Dubrovnik é unha cidade medieval e perfectamente conservada e chea de turistas.
Porén, hai xusto 35 anos as forzas armadas de Iugoslavia (🇷🇸🇲🇪) bombardeaban indiscriminadamente a urbe durante a guerra de independencia de 🇭🇷. Máis de 80 civís morreron nos bombardeos
O tsar Samuel instalou a súa corte en Ohrid, que se converteu no centro da vida política, cultural e relixiosa do reino. O territorio da actual🇲🇰 era o nucleo dese imperio.
Por iso certos macedonios afirman que Samuel é un precursor do estado 🇲🇰, algo que non presta en 🇧🇬
Este fin de semana 🇬🇷 vai devolver os restos do tsar Samuel a 🇧🇬. Foi un dos monarcas máis importantes da historia de 🇧🇬 e gobernou un gran imperio no séc XI, desde o mar Negro até o Xónico.
Os restos do tsar foran atopados en 1965 na beira do lago Prespa, na fronteira 🇬🇷🇦🇱🇲🇰
Isto con certeza vai reforzar as relacións entre 🇧🇬e🇬🇷, que nunca na historia foran tan óptimas.
O tsar Samuel é famoso por morrer da impresión ó ver como lle chegaban á súa capital miles de soldados búlgaros cegados, despois de seren derrotados polo Imp. Romano de Oriente
🚨🎙️Voltamos despois do verán e comezamos nova tempada (con esta levamos 5!) cunha nova conversa, desta coa burelana Paula Jorge coa que falamos da diáspora caboverdiana, de identidades, lingua e haters.
https://t.co/s7377fyzzZ
O día da independencia debería ser o 16 de agosto, pero nesas latitudes non é a mellor data pra celebrar algo na rúa 🌞.
A independencia non calmou moito os ánimos no país. Ós 2 anos comezaba unha crise institucional, violencia interétnica e a creación de enclaves pros turco🇨🇾
Hoxe en 🇨🇾 celebran o día da indepencencia, acordada con 🇬🇧 hai 66 anos.
Daquela Chipre era unha colonia británica, e saía de anos de conflito entre guerrilleiros nacionalistas grecochipriotas do EOKA e as FFAA 🇬🇧 e violencia interétnica entre as 2 comunidades da illa.
Por certo, 🇩🇪 non foi o único estado que se anexionou anacos de Checoslovaquia, 🇵🇱 aproveitou a situación pra ocupar a estratéxica comarca de Zaolzie, onde aínda hoxe vive parte da minoría polaca de 🇨🇿.
E ó pouco 🇭🇺, aliada de 🇩🇪 recibía areas de poboación húngara no sur de 🇸🇰
Hoxe hai 88 anos as potencias europeas asinaban os acordos de Munich cos que se obrigaba a Checoslovaquia a ceder os Sudetes e o sur de Bohemia e Moravia ó III Reich.
Seica ía ser a última demanda territorial de Hitler e concederlla garantía a paz pra unha xeneración en Europa
Esa deslealdade ó estado checoslovaco, a importancia demográfica da poboación 🇩🇪 (23% do total de Checoslovaquia) e máis os atroces crimes cometidos polo III Reich durante 6 anos de ocupación xustificaron a expulsión de case toda a poboación xermana
https://t.co/6WfXBMAg2g
@RinoceronteEd A triloxía de Sienkiewicz non ten nada que ver con invasións rusas de Polonia senón da rebelión dos cosacos de Khmelnitsky, o dioivo sueco e máis as guerras cos otomanos.