Porriño, Poio, Vigo, Tomiño, Cangas, Aldán, Mondariz, Narón, Aranga, Tui... representadas este xoves en Alemaña ante o Friburgo. Se iso non é para estar orgulloso... é que algúns xa non se lembran de onde vimos.
Soñamos moito con este Celta, agora o temos, non o esquezamos.
[COMUNICADO] 🖊️ Europa recibe aos Fillos dunha Paixón.
É unha consecuencia. Unha consecuencia dunha afección entusiasta, dunha canteira única ao amparo de grandes veteranos, dun fútbol pleno de valentía e ambición, de converter o “queremos máis” nun obxectivo e non nun lema baleiro, de crer, querer e soñar.
O RC Celta regresa a Europa, Europa regresa á vida do RC Celta, por décima vez, case 10 anos despois. Con 10 futbolistas e empate no marcador quedaba este equipo hai uns días e o partido acabou con xogadores e xogadoras celestes celebrando unha vitoria clave, mesturados coa afección, cantando ao unísono. Esa imaxe define este éxito. Da bancada saíron moitos dos futbolistas que locen agora o escudo no campo, nunca deixaron de ser parte dela.
E falta un 10 nesta serie de coincidencias, pero nin sequera fai falta verbalizar a quen corresponde, nin enxalzar o que fixo, ou soñar co que fará. As súas bágoas de frustración e tristeza en Old Trafford son agora de felicidade.
A afección vive con entusiasmo este regreso, sente parte del. E o é, máis que nunca. O Celta volve a Europa cunha clara identidade, con raíces fortes e profundas, con orgullo, da man dos fillos dunha paixón.
Outro 10, xigante da nosa historia, sacouse unha vez a súa camiseta celeste para mostrar unha mensaxe que este club, dirixentes, equipo, corpo técnico e empregados gritan:
GRAZAS, AFECCIÓN! 🩵
Fai unhas semanas coñecín esta cantiga polos integrantes da peña celtista @Semprepahino que eles mesmos compuxeron.
Sería maravilloso escoitala ao unísono un día en Balaidos. Tentámolo?
🏆 𝗧𝗢𝗧𝗢 𝗕𝗘𝗥𝗜𝗭𝗭𝗢: “Algún día golpearemos tan fuerte la puerta que caerá”.
💭 𝗜𝗔𝗚𝗢 𝗔𝗦𝗣𝗔𝗦: “Sueño con conseguir un título que ponga el broche al centenario”.
🩵 𝗡𝗢𝗡 𝗛𝗔𝗜 𝗗𝗘́𝗕𝗘𝗗𝗔 𝗤𝗨𝗘 𝟭𝟬𝟬 𝗔𝗡𝗢𝗦 𝗗𝗨𝗥𝗘.
Solo se pide un poquito de respeto @LaLiga@rfef@CTARFEF lo de volver a poner a Prieto Iglesias es un mensaje claro. No se me ocurre una forma peor de tratar la imagen de la liga que ningunear así a un club entero.
Los arbitrajes al Celta son insostenibles. Errores en el campo y en el VAR. Toda acción gris se señala a favor del rival.
Jornada 12, 8 polémicas en contra.
RESPETO