Gustaríache facer parte da mocidade nacionalista de Ourense?
Gustaríache reivindicar melloras para a mocidade?
https://t.co/zrSA9LTqnl
Súmate a Galiza Nova e comeza a organizarte connosco ✊🏼
🔈 Aquí tes toda a información sobre a nosa organización.
O vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 20:00, agardámosvos a todas no @ceres_1894 para a celebración do encontro ca mocidade na nosa cidade ‼️
📍Ourense, cafetería Ceres 1894
🕒 20:00
Non o perdades ✊🏼
Orgullosas de loitar polos dereitos da clase traballadora galega. Que digan o que queiran, na Galiza Nova non nos escondemos para defender as nosas ideas. Pode dicir o mesmo o PP, que leva anos empregando a televisión pública de Galiza para manipular?
Hoxe día da patria galega reivindicamos a nosa condición de nación e a loita pola independencia e a soberanía de Galiza. Fronte ó fascismo e a barbarie das guerras imperialistas reivindicamos un mundo de pobos en pe de igualdade.
Viva o 25 de xullo e viva Galiza Ceibe e Popular!
🩵 Estas son as nosas cores, o noso orgullo! 🩵
A bandeira das causas xustas e dun pobo que quere decidir libremente o seu futuro sen ataduras. Porque #SomosUnhaNación e temos moito que dicidir. ✊
Este Día da Patria Galega, camiña canda nós! 🚶➡️🚶♀️➡️ 25 de Xullo.
Presentamos o primeiro tramo da nosa candidatura: 14 veciñas que coñecen a realidade dos nosos barrios, 14 compañeiras preparadas para defender as necesidades da veciñanza, 14 persoas comprometidas con facer de Ourense unha cidade máis xusta, viva e con futuro 🩵
Ourense non pode seguir agardando. Necesitamos un cambio para poder avanzar.
#Ourense #CambiarParaAvanzar
Ourense volveu expresarse nas rúas como un concello 🏳️🌈 orgullosamente diverso.
Fronte ás ameazas reaccionarias, a determinación de non dar nin un só paso atrás e seguirmos avanzando en dereitos para o colectivo LGBT.
Hai hoxe 125 anos, Elisa e Marcela casaron na Coruña, desafiando a norma social do momento. É por elas que celebramos o día da visibilidade lésbica galega, coa finalidade de as reinvindicarmos como disidentes sexuais e de xénero mais tamén continuarmos a defender os dereitos do colectivo LGBT+, especialmente das mulleres.
Gonzalo, xa sabemos que te arrimas ao sol que máis quenta 😉.
Ourense non esquece as palabras do alcalde!
Esta cidade pide cambio ✊✊🔥🔥
Parabéns á Unión Deportiva Ourense polo ascenso. Ourense é de primeira! 🔴🔵
Este ano, as Letras Galegas están dedicadas a Begoña Caamaño.
Na Galiza Nova queremos ir máis alá da celebración institucional e reivindicar a súa figura completa: unha muller que representou a unión entre a calidade literaria e o compromiso militante co noso país.
Defendemos o galego con orgullo, con memoria e con futuro, porque é parte esencial da nosa identidade, da nosa cultura e da nosa maneira de estar no mundo.
📢 Na Galiza, en galego, sempre.
O exército español non é benvido na Galiza.
Nós sabemos o papel que ten o exército español tanto na Galiza como internacionalmente.
Por iso este 30 de maio mobilízate connosco contra o seu desfile militar.
Seguro que viviches situacións semellantes coa lingua.
Por iso, o futuro da lingua tamén pasa polas persoas neofalantes: exemplo de conciencia, resistencia e esperanza.
📢 Este 17 de maio mobilízate con @QueremosGalego para defender a nosa lingua!