ONGd galega que loita polo desenvolvemento humano perdurable a través da igualdade de xénero, a implicación da cidadanía do Norte e o empoderamento da do Sur.
E, ademais, estarás colaborando co proxecto de Erradicación do infanticidio feminino en Salem que apoiamos desde Implicadas.
💡Ao ser unha doazón podes desgravar ata o 80% dos cartos doados.
Coa túa doazón optas a gañar unha completa cesta con:
➡️Unha noite para dúas persoas con almorzo ecolóxico na #ReitoralChandrexa (Parada de Sil)
➡️Unha masaxe aiurvédica doada por Piero Piga (A Coruña)
➡️Dous pases ao Circuíto termal no Hotel Spa Bienestar (Moaña)
En @Implicadas acaban de lanzar esta campaña para seguir apoiando as nosas compañeiras de Támil Nadu, animádesvos a traballar en contra do infanticidio feminino?
https://t.co/46L7sC3KbQ via @kukumikuWeb#crowdfunding#solidario
Anunciamos que xa temos aforo completo para o obradoiro de #escrita 'O humor como arma de construción masiva' impartido por @_Eli_Rios_. Moitas grazas a todas as persoas que vos apuntastes. Vémonos o día 5!
✏️ O humor como arma de construción masiva
Abrimos inscricións para unha nova actividade implicada. Esta vez traemos creatividade, risas e subversión da man da autora e docente @_Eli_Rios_
E coma sempre, os cartos recadados coas inscricións (12 €) serán destinados integramente ao proxecto de Erradicación do Feticidio Feminino que apoiamos na India.
Últimas prazas para participar na nosa masterclass de boxeo 'Bate con Implicadas'.
🗓️ Sábado 15 de xuño ás 12:00 horas
📍No ximnasio @avalon_kai en Santiago de Compostela
✏️ Inscricións aquí: https://t.co/JFYVAfBb7T
Segue aberto o prazo de inscrición para a nosa masterclass de boxeo, #BateConImplicadas. Xa temos confirmadas as 3 adestradoras que a impartirán. Aproveita esta oportunidade de achegarte a este deporte coa campioa de Europa de parakarate, Cristy Tojo, ...
Practicaremos #boxeo, un deporte divertido, dinámico e comunitario. Non importa se non sabes nada ou se xa tes algunha experiencia, as nosas adestradoras de excepción compartirán contigo os seus coñecementos.