Utilizaron o noso mar como un vertedoiro nuclear e hoxe demóstrase que os bidóns teñen fugas. O Goberno do Estado non pode permanecer indiferente. Debe esixir ante a Unión Europea responsabilidades e a reparación do dano medioambiental.
Rueda privatiza o control das baixas: máis impunidade para as mutuas, mercantilización das pacientes e represalias contra o persoal médico que traballa con humanidade e decencia.
Non é "axilizar", senón criminalizar ás traballadoras para tapar o colapso da sanidade pública.
📢 Mañá xoves antes do Pleno ordinario, volveremos decirlle ao PP de Candia que Lugo NON quere nin tránsfugas nin a quen os compra para alterar a vontade das urnas.
Os corredores de urxencias do CHUAC están cheos de pacientes que agardan ser atendidos ou ingresados en planta durante horas e mesmo días. O hospital da Coruña está colapsado. Os responsables son @AlfonsoRuedaGal e @SanidadeXunta.
O fortalecemento da atención primaria, unhas condicións laborais dignas para o persoal sanitario e a paralización das privatizacións son os eixos polos que loitaremos en colaboración coas plataformas e asociacións en defensa da sanidade pública.
📹 @isabelfaraldo
Hoxe en Vigo analizamos, con profesionais e activistas, a situación da sanidade e da dependencia, marcada por recortes, privatizacións e precariedade laboral.
Defendemos servizos públicos de calidade: a verdadeira seguridade da cidadanía.
📑🏞️ En 2020, cando se anunciou o Plan Eólico de Galicia, a nosa postura foi clara: renovables si, pero dun xeito sostible coa vida e co territorio.
Onte volvimos estar cos colectivos e a veciñanza 📣⚠️ defendedo a #SerraDaGroba fronte á especulación eólica. #AGrobaNonSeVende ✊
Este sábado ás 12 h, a Plataforma polo Dereito á Vivenda convoca unha concentración na praza das Conchiñas, nun barrio coruñés de clase traballadora onde os alugueiros aumentaron un 80 % nos últimos anos, provocando que a maior parte do salario remate nos petos dos caseiros.
A dirección da CSAG non só actúa como aparello propagandístico do PP de Alfonso Rueda, senón que tamén reprime ás traballadoras que defenden un medio público de calidade ao servizo da cidadanía. As responsables deben dimitir ou ser afastadas, comezando por Concha Pombo.
En Galicia, as portas xiratorias seguen abertas na Xunta: quen onte tomaba decisións públicas hoxe se lucra con negocios urbanísticos millonarios, mentres a maioría das galegas non poden acceder á vivenda. Unha vez máis, o caciquismo do PP destrúe o territorio.
Hoxe abordamos a catástrofe habitacional con compañeiras doutros territorios e colectivos sociais. Fronte a quen apoia a especulación e os paraísos fiscais para os rentistas, defendemos medidas que protexan ás inquilinas, regulen o prezo do alugueiro e poñan fin a este roubo.
Subir las pensiones está muy bien, pero no servirá para que la inmensa mayoría de las jubiladas llegue a fin de mes mientras no se intervenga el precio de la vivienda y los alimentos. Lo mismo ocurrirá con el SMI.
O #25N saímos ás rúas para alzar a voz contra as violencias machistas. Nun contexto de negacionismo que nos quere levar atrás, dicimos alto e claro: a loita das mulleres non foi demasiado lonxe; é o camiño que garante os nosos dereitos.
Porque o feminismo si que nos protexe. 💜
O inicio do curso escolar supón un desfalco para as familias traballadoras galegas porque a Xunta destina o diñeiro público ao negocio da concertada en lugar de fortalecer a educación pública.
Aquí vai un 🧶 con medidas urxentes para un sistema público de calidade e inclusivo.
A sociedade galega é unha sociedade que se conmove coa dor allea, todo o contrario que Alfonso Rueda. A equidistancia do PP co xenocidio do pobo palestino convérteo en cómplice do Estado criminal de Israel.
Todo o recoñecemento ás persoas de ben que loitan polas causas xustas.
Os representantes do Estado terrorista de Israel non poden participar en ningún evento deportivo, musical ou cultural coma se non estivesen a exterminar ao pobo palestino e ocupando as súas terras. Xa abonda de tanta hipocrisía.
Grazas @IgualdadGob por compartir estes datos. Pero permitir que se realice un acto negacionista non só nos pon en perigo a todas é unha forma máis de Revictimización. Podiades paralo e non o fixestes.