Proyecto de Innovación Educativa.Los Alumnos tenemos que crear una Empresa Solidaria, fabricar objetos con una Impresora 3D,comercializarlos y donar beneficios.
Así que vos convidamos, a que a través deste formulario, propoñades a persoa que consideredes que este ano debe ser a merecedora de recibir este premio.
Tedes ata o Domingo 7 de Xuño para realizar as vosas propostas.
https://t.co/tMNzpe9Tac
"PREMIOS CREANDO FUTURO"
No IES de Meaño, toda a comunidade educativa, alumnado, familias, personal docente e non docente, traballa co obxectivo de axudar a formar xente con futuro, é dicir, “Boa Xente”.
Pode ser que se dediquen ao servizo público con dedicación e profesionalidade,
ou que emprenderan un negocio, ou que fagan accións de voluntariado ou
servizo á comunidade, que se dediquen a axudar aos veciños, etc, etc.
Unha experiencia inesquecible nos Premios José Hermida. O equipo de radio de 3º da ESO chegou á final dos Premios de Radio Pontevedra - Cadena SER. O podcast, Conexión Futuro, trata un tema de actualidade: a IA. Nesta ocasión non lograron o premio, pero gozaron moito da xornada.
Talento e creatividade no noso centro!
O alumnado de 3º da ESO vén de acadar un novo recoñecemento no VIII Concurso de Pódcasts – Radio na Biblio, convocado pola Xunta de Galicia.
Esta proposta, dinámica e teatralizada, rende homenaxe a Begoña Caamaño, autora das Letras Galegas.
Hoxe pillamos ao alumnado coas mans na masa 🍪
Xa comezaron os recreos activos do IES de Meaño, e hoxe tocou desfrutar da repostería. As alumnas de 1º de ESO, fixeron unhas deliciosas cookies.
Unha idea divertida que converte os recreos nun espazo de aprendizaxe e creatividade.
Unha representación do alumnado do IES de Meaño colaborou novamente nunha actividade de servizo a comunidade.
Nesta ocasión colaboramos co banco de alimentos “Voluntarios ULLA-SALNÉS”, na gran recollida de alimentos que realizou nos supermercados da zona
Visita a la Fundación LAR PRO SALUD MENTAL.
Unha representacion do alumnado do IES de meaño visita a Fundación LAR PRO SALUD MENTAL para coñecer de preto a súa gran labor no eido da saúde mental.
Grazas pola acollida e polos valores aportados ao noso alumnado
Xornada de portas abertas para as familias que queiran coñecer o centro de cara á solicitude de admisión do próximo curso. Todos os pais/nais/responsables , poderán ver as instalacións, coñecer a oferta educativa e tomar contacto coa metodoloxía de traballo.
@CeipCoiron
No IES de Meaño levouse a cabo a instalación dun desfribilador semiautomático (DSA) polo que somos un espazo cardioprotexido. O profesorado do IES de Meaño, e dos centros colindantes, recibiu un curso de soporte vital básico (SVB) e manexo do desfribilador.
@tesgalicia
Todo o alumnado do IES de Meaño recibe unha formación sobre SVB( soporte vital básico) impartido polos profesionáis de @tesgalicia. Grazas pola colaboración.
Un ano máis, desenvolvéronse varias charlas dentro do Plan Director para a convivencia e a seguridade nos centros educativos e na súa contorna.
O alumnado de 3º ESO recibiu información sobre as adiccións derivadas das tecnoloxías e o alumnado de 4º ESO sobre a protección de datos
Presentamos un vídeo especial que serve para conmemorar os 25 anos do IES de Meaño. Este vídeo está cheo de traballo no guión, edición e actuación complementado con entrevistas das persoas que máis teñen que contar.
https://t.co/eZ5EbHFTXR