Despois do parón, retómase a competicion da liga Nacional coas xornadas 5 e 6 que se celebran no circuíto de "O Carregal" en Betanzos (A Coruña). Este finde toca correr en casa!. Moita sorte aos nosos equipos de 1° división feminina e 2° división masculina.
Forza Sadapatin 💪
CAMPIONA DE ESPAÑA!!! 🥇
A nosa patinadora Silvia García proclamouse campioa de España na proba de 100 mts sprint no Campionato de España de Circuito 2026, que se esta celebrando esta fin de semana en Málaga. Moitas Felicidades, premio ao esforzo e traballo realizado.
Esta fin de semana desprazámonos a Málaga para participar con 9 d@s no@s patinador@s no Cpto. De España de Circuito 2026 das categorías Júnior, Senior e Master. Queremos desexarlle moitísima sorte 🍀 Forza Sada Patín 💪
O Clube Sadapatin foi beneficiario da concesión dunha subvención de 5.761,23 € por parte da Deputación da Coruña, correspondente á convocatoria FO103C/2026
#deputaciondacoruña
Esta fin de semana toca desprazamento longo, viajamos a Barcelona a disputar a 3° e 4° xornada de Liga Nacional Xornadas complicadas, co obxectivo este ano de manter as correspondentes categorías. Queremos desexarlles moitísima sorte esta fin de semana. Forza Sadapatin 💪
Gran actuación d@s nos@s patinador@s no Campionato Galego de Pista 2026 celebrado esta fin de semana na pista de patinaxe de Bastiagüeiro. 12🥇, 11🥈e 20 🥉foron as medallas conseguidas por nos@s patinador@s nas diversas categorías e probas disputadas neste campionato. Parabéns
Boa participación d@s nos@s patinador@s nas probas da Speed Track European Series de Gijón, destacando o 3° posto 🥉no 200mts dual, 6° posto no 500mts e 9º posto no 1000 mts da nosa patinadora Junior Silvia García Arribe, e o 8° posto no 1500 da nosa Alevin María García Llaurado.
Bo debut dos nosos equipos de Liga Nacional nos seus estreos de categoria. Disputadas as dúas primeiras Xornadas, o equipo feminino de primeira división sitúase na 8° posición e o masculino de segunda división en 9° posición situándose ambos fóra das posicións de descenso 👏👏
O noso equipo de Liga Nacional Masculino, debuta esta fin de semana na Segunda División Nacional.
Queremos desexarlle moita sorte aos nosos patinadores
Comeza a Tempada 2026 para a Liga Nacional de Patinaxe de Velocidade
Esta fin de semana arrinca en Pamplona.
O noso equipo feminino debuta na primeira división nacional e o equipo masculino faino na segunda división. Ambos equipos estrenan categorías tras os ascensos conseguidos
O Club Sada Patín informa que lle foi concedida unha subvención para entidades Deportivas polo Concello de Sada , do ano 2025.
Desde o Sada Patín queremos agradecer ao Concello de Sada a concesión da subvención.
Contía concedida ao Club Sada Patín: 7.230,77 €
Xa temos as nosas mozas camiño de Paiporta (Valencia) pra disputar a 7° e 8º Xornada da liga Nacional. Esta fin de semana disputase o final da Liga Nacional 2025, e as nosas mozas parten dunha fantástica 3ª posición. Moita sorte ao noso equipo Feminino de 2° división
Xa temos os nosos mozos camiño de Paiporta (Valencia) pra disputar a 7° e 8º Xornada da liga Nacional. Esta fin de semana disputase o final da Liga Nacional 2025, e os nosos mozos parten dunha fantástica 3ª posición. Moita sorte ao noso equipo Masculino de 3° división
FINAL LIGA NACIONAL ABSOLUTA 2025
Esta fin de semana os nosos equipos Feminino e Masculino de Liga Nacional desprázanse a Paiporta (Valencia) a disputar as xornadas finais da tempada de Liga Nacional. Queremos desexarlles moitísima sorte. Forza Sadapatin! 💪
EQUIPAZOS de Liga Nacional!
Finalizaron as xornadas 5° e 6° da liga Nacional que se disputaron esta fin de semana en Pamplona, nos@s equipos Feminino e Masculino manteñen a terceira posición nas súas respectivas categorías tras unhas fantásticas carreiras👏👏 Forza Sadapatin 💪
Xa temos os nosos mozos camiño de Pamplona pra disputar a 5° e 6º Xornada da liga Nacional. Parten dunha fantástica 3ª posición. Moita sorte ao noso equipo Masculino de 3° división,
Forza Sadapatin!💪