🏠 Mentres outras forzas políticas seguen instaladas na inacción ante un dos problemas que máis preocupa á cidadanía, no PP de Ourense continuamos traballando.
Seguiremos impulsando xornadas, encontros e iniciativas que permitan analizar a fondo o desafío da vivenda
Máis vivenda, máis oportunidades e máis futuro para Ourense.
Hoxe en Celanova defendemos políticas útiles e realistas para facilitar o acceso á vivenda, especialmente no rural, onde este reto tamén é unha cuestión clave para o desenvolvemento económico e a fixación de poboación
Preocupache a situación actual da vivenda? 🏠
O vindeiro sábado tes unha cita en Celanova para analizar os retos, a seguridade xurídica e as axudas dispoñibles no sector inmobiliario galego.
📅 6 de xuño ás 10:30 h
📍 Mercado Praza de Abastos (Planta Superior) - Praza Cervantes
O paripé da esquerda en Ourense 🎪
Pasou o que o PP de Ourense xa sabía: a moción de censura naceu morta.
Cal é a realidade? Con este teatro, a esquerda acaba de regalar uns orzamentos locais aprobados a cambio de absolutamente nada.
Somos unha sociedade con sentidiño á que non lle gustan os extremos de Vox nin de Podemos. No PP traballamos por garantir que todas as persoas migrantes podan beneficiarse da regularización extraordinaria, e por iso pedimos que se amplien os prazos para que ninguén se quede fóra.
A quen defende o PSOE de Ourense? Está claro que á provincia, non.
Asolagados nunha estratexia electoralista, son incapaces de pedirlle ao seu xefe, Pedro Sánchez, que cumpra os compromisos industriais históricos con Ourense.
Tres anos de confianza, tres anos de xestión. 📈
O balance na provincia de Ourense é claro: o PP é o único sinónimo de estabilidade e eficiencia.
Imos presentar as mellores candidaturas nos 92 concellos da provincia para renovar a vosa confianza.
Imos con todo. 🔥
O PSOE de Ourense xa está en campaña e volve dar as costas á provincia. Rexeitan negociar as nosas emendas á súa moción só por pensar en xogadas políticas.
Non queren acordos, só buscan o titular.
Nova edición do Bono Activa Comercio da Xunta!
O goberno de Alfonso Rueda cumpre cos autónomos e coas familias ourensás, impulsando a economía a pé de rúa coas mellores ferramentas.
📲 Xa podes descargalo en formato QR na web oficial: https://t.co/drdjIWekB6
O PPdeOu XAMAIS bloqueou o goberno desta cidade. A nosa prioridade son, foron e serán sempre os ourensáns.
Quen bloqueou Ourense e castigou aos veciños foi Jácome cando gobernaba Jesús Vázquez.
O noso apoio está listo, pero ten condicións claras: diálogo e consenso.
📌 O PP de Ourense lidera a defensa do termalismo como recurso sanitario estratéxico.
O Senado aproba a nosa proposta para incluír a balneoterapia na carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde (SNS).
Un pulo histórico para a saúde e para o rural.
@PPdeOU@Renfe forzado por unha intensa demanda social e política recuperou hoxe a parada matinal en A Gudiña.O que acredita que a supresión foi un “capricho” de Óscar Puente, que privou a milleiros de usuarios do dereito a unha mobilidade con horarios racionais https://t.co/DCHUMlbGNc
Lográmolo! 🎉 A Gudiña recupera desde hoxe os seus horarios de tren cara a Madrid. Unha vitoria que demostra que, cando Ourense se une, ninguén nos para.
Seguiremos plantándolle cara ao Goberno de Sánchez para demandar todas as melloras que Ourense merece. 🚂💨
Seguimos! 🩵
O Grupo Provincial do PP esixe ao Goberno de Sánchez que flexibilice os criterios e amplíe os prazos para a regularización extraordinaria de persoas migrantes.
Esiximos:
•🗓️ Ampliación do prazo.
•👥 Máis persoal e recursos.
•⚖️ Garantías de igualdade viva onde viva.
Unha nova vitoria que confirma a tendencia irreversible!
Andalucía volveu elixir a estabilidade e a xestión do PP.
Queda demostrado unha vez máis: os españois teñen claro en quen confiar cada vez que se lles chama ás urnas. O PP é o partido maioritario de España.
Hoxe celebramos o #DíaDasLetrasGalegas, unha xornada para sentir o orgullo dunha lingua que nos define, que nos une e que é o maior tesouro cultural.
Un legado que recibimos dos nosos maiores e que temos o deber de coidar para as xeracións vindeiras.
Hoxe e sempre.
Seguimos dando pasos para a celebración dos próximos congresos locais previstos para xuño en Manzaneda, Viana do Bolo y Esgos, hoxe cunha nova reunión do Comité organizador que integran Miguel Ángel Viso, Cristina Romero, Francisco Fernández, Alejandro Pérez e Adriana Álvarez.
O sentimento popular non se explica, vívese! 💙
As compañeiras de NNXX do PPdeOU foron as perfectas reporteiras para recoller as mellores impresións da nosa primeira gran romaría en O Carballiño.
O resultado? Sorrisos, apertas e unha mensaxe clara: somos unha gran familia.