Resulta máis que curioso que a prensa neste 25 de Xullo recolla palabras de diferentes caras visibles da política estatal e que só se fixe na roupa da alcaldesa de Santiago sen mencións ao seu sentir neste día.
Na escola rural galega dos anos da súa infancia dubido moito que se aprendese a lingua da Pérfida Albión (por aquilo de: "Gibraltar español" pero os ingleses pagándolle ao africanista de El Pardo). https://t.co/1mGpj7wKMl
Grazas a Carlos Garcés pola entrevista para o blog Neofalantes Modelo Burela. Carlos é un dos membros da Escola de Neofalantes da Mariña, Un verdadeiro pracer poder contestar ás preguntas que me fixo. Detalle que apareza o padriño do libro, Iván Cuevas.
https://t.co/cFVkiBCOgq
"Se a botan, unhas bombas!! Se botan a alcaldesa? Unhas bombas pa celebralo!!" Creo que o "odio aprendido" é o "brainwashing" político deste país. E non hai vergoña, pa que?
Si, certo que o retroceso do galego é evidente (moitísimo); aínda así, queda un pampo cando oes alguén dun lugar como son as Canarias falando na túa lingua con seseo e un sotaque tan fermoso. Marabilla
Si, certo que o retroceso do galego é evidente (moitísimo); aínda así, queda un pampo cando oes alguén dun lugar como son as Canarias falando na túa lingua con seseo e un sotaque tan fermoso. Marabilla
Apenas foron dez minutos. Nunca vira o programa 'Espejo Público' mais só chegaron 10 minutos nun bar tomando o café para ver a vergoña do "media circus". Tres directores de medios "casposos" saben máis do accidente ferroviario que un enxeñeiro de camiños.
@cequelinhos@DanielSalgadoGa A este con achegarlle un libro de Palau: "a" de abeja, "e" de elefante...e a resposta del: "A min 'nadie' chámame animal" ...apostamos?
Anecdotario dun xornalista diario: ...e vai e chamo ao sitio onde nacín. Entrevisto á persoa de interese, dígolle quen son eu e a persoa di: "Ai! Es o cuñado de A e o irmao de M, es fillo de R", e eu: "si" e a persoa: "ai, es o outro". Teléfono móbil moito, memoria local, pouca.
Pois si! Subo a un taxi, dou o enderezo e de súpeto comeza a conversa: taxista: a min o que me interesa é a ciencia política. E o que aprendín sobre orzamentos públicos non o aprendín antes en anos