📚 O Arquivo Municipal de Ferrol merece respecto e unhas instalacións dignas
Desde o Grupo Municipal Socialista valoramos positivamente que o goberno do PP anuncie a reubicación do Arquivo Municipal nun espazo máis axeitado.
Cómpre un espazo digno, seguro e adecuado para conservar un patrimonio de valor incalculable para as xeracións presentes e futuras.
Mentres tanto, seguimos sen un lugar onde a cidadanía poida gozar do legado da biblioteca persoal de Julia Uceda, que continúa en caixas.
Rey Varela non pode seguir vendendo propaganda mentres deixa caer un dos símbolos do noso patrimonio.
Ferrol merece un alcalde que xestione, non un alcalde ausente.
#Ferrol#SanFelipe#ReyVarela#PSdeG#FerrolMereceMáis
❌ Obras suspendidas oficialmente
❌ Facturas sen pagar
❌ Profesionais marchando por incumprimentos do Concello
❌ Só un 35% executado cando o prazo xa se disparou ao dobre
O que tiña que ser unha restauración histórica converteuse nun caos absoluto por falta de xestión.
🗣️ Como denuncia o noso concelleiro Julián Reina: “Os ferroláns merecen un alcalde que xestione e controle as empresas contratistas, e non un que se limite a facerse fotos mentres os prazos se botan encima”.
#Ferrol#GrupoSocialista#PSOEFerrol#ReyVarela#FerrolMereceMáis
🚧 A RUA RUBALCAVA NON VAI “SEGUNDO O PREVISTO”. REY VARELA TEN QUE DICIR A VERDADE 🚧
Mentres o alcalde se dedica a facer fotos e visitas propagandísticas coa Xunta, a realidade das obras de Rubalcava é moi distinta: o proxecto acumula un retraso crítico.
Non estamos falando só de retrasos. Estamos falando de:
❌ Perxuízos para veciñanza e comercio do centro
❌ Gabias e valados durante meses
❌ E un risco real de perder fondos públicos financiados maioritariamente pola Xunta se non se cumpren os fitos do contrato.
Mentres os veciños pagan máis impostos e soportan subas de servizos, os investimentos non chegan aos barrios e os proxectos non avanzan.
Gobernar non é anunciar. Gobernar é cumprir. E os datos din que Ferrol está moito peor xestionada.
#Ferrol#PSOEFerrol#FerrolMereceMáis
📉 Ferrol non está parada por falta de cartos. Está parada por falta de traballo.
Os datos oficiais do propio Concello son demoledores: no primeiro trimestre de 2026, o goberno de Rey Varela apenas executou o 0,76 % dos investimentos previstos.
��� Ademais, os datos empeoran respecto ao ano pasado: ❌ No primeiro trimestre de 2025 executárase o 4,76 % dos investimentos ❌ Este ano apenas chegamos ao 0,76 % ❌ A execución xeral do gasto cae do 14 % ao 8 %