No abrente deste día, presta lermos a Manuel Gago, de lonxe o mellor divulgador cultural que temos.100 anos despois da Xeración Nós sóbrannos catedráticos pero non quen se interrogue que é sermos galegos.
Faino,como é habitual aquí,por vía interposta,sexa Escocia,Baviera ou Cuba.
"O seu traballo foi decisivo para situar o conto tradicional galego no contexto dos grandes estudos internacionais sobre literatura oral. Grazas ás súas investigacións, Galicia ocupa o lugar que lle corresponde dentro dos mapas comparativos do conto popular europeo e universal"
Un podería pensar no típico podcast (ou entrevista con micros gordos) de autobombo do festival, pero resulta que isto é unha marabilla. @SoleFelloza dá unha fermosísima clase sobre identidade, tradición, educación e crianza.
Cando che entrevista alguén que coñece ben o teu traballo… e tamén a ti, pasan estas cousas: as conversas van máis alá das respostas.
Grazas a @navoltadafolla por este diálogo arredor da narración oral, do Festival Atlántica e do poder das historias.
Novo episodio no meu podcast Na volta da Folla. Falamos con @SoleFelloza da nova edición do @FestAtlantica que acaba de comezar, das relacións entre festivais e comunidades locais, a remuda xeracional da narración oral galego ou o traballo cos nenos ao redor da tradición oral.
Co Mapa de Seres Máxicos do reino de Galicia queriamos contribuír a que os nenos se volveran apropiar dun folclore que ninguén lles estaba contando xa. Aquí os nenos do CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño (Ribeira) recreando as razas do mapa en plastilina. ❤️❤️
Ola @Diario_Pontev a foto que acompaña o artigo de Xabier Castro, é da miña autoria e foi realizada para a Exposición Ao Pé do Lar no @MuseodoPobo, comisariada por @magago e a parella retratada son os Méndez en San Fiz de Asma. Agradezo rectificación. https://t.co/kwFfuq7sur
No convento da Magdalena (Sarria) atópase esta porta gótica cegada: a de santa María Magdalena.
Cando a vin rebentoume a cabeza por varios motivos. Mirádea comigo.
Xa están As Cousas de Gago no Tarde Piaches, da @TVGalicia! No Día das Letras, visitamos unha biblioteca na que quedaría a vivir, a do mosteiro de san Francisco (Santiago), para ver como os libros gardan a memoria dos seus propietarios e os frades 'vestían' ás ninfas. Ligazón 👇
O expresidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, estivo en Galicia e falou dunha supremacía galega en España e no mundo👑
Ademais, enumerou as similitudes entre Cantabria e Galicia🐄
Moi interesante o artigo de hoxe de Afonso Vázquez-Monxardín: "Torques do Castro, argumento para unha novela". Calquera parecido coa realidade é culpa da realidade....@Aquis3D@navoltadafolla
“Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.”