Xornalista e comunicador | Os luns e venres analizo a actualidade deportiva nas ondas | Comunicación Política | Aquí opinións, reflexións e un pouco de retranca
Decisión máis que acertada. Carballo coñece o clube, formou parte do organigrama do mesmo os últimos anos e foi o estratega dos dous ascensos consecutivos e man dereita de Borja. A mente pensante e a táctica dun equipo que fixo historia e pasou da Teceira a Primeira Federación.
🚨 𝗨𝗟𝗧𝗜𝗠𝗔 𝗛𝗢𝗥𝗔 | @NVFGalicia
👀 Juan Carballo estaría a piques de converterse no novo adestrador do Ourense tras a saída de Borja Fernández.
👏 O de Carballiño collería os mandos do primeiro equipo rexeitando propostas importantes.
❓️Que vos parece a decisión?
A primeira nova dolorosa na @UDOurense2014 despois do ascenso. Marcha o home que nos fixo soñar, a persoa que comandou a nave para sacarnos do barro e levarnos a 1 RFEF. Eternamente agradecidos a @BorjaFF que xa é unha lenda de Ourense e do Ourense.
🥹 Aprendimos a soñar da túa man, míster.
Chegou un adestrador con gañas de erguer o nome da súa cidade. Vaise unha lenda que xa ten o seu nome en letras de ouro dentro de Ourense.
Grazas por tantas experiencias que non esqueceremos na vida. Fomos moi felices, @borjaff.
Esta sempre será a túa casa ❤️💙
𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗔𝗗𝗢 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 | 𝗥𝗲𝘀𝗼𝗹���𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝗥𝗙𝗘𝗙
A Unión Deportiva Ourense quere manifestar o seu absoluto asombro, incredulidade e desaprobación á afectación directa ao noso clube tras a resolución da Real Federación Española de Fútbol sobre o C.D. Numancia - R.C. Deportivo Fabril do pasado 13 de decembro de 2025.
A entidade considera un atropelo directo aos dereitos do clube, ao espítito deportivo e ao sentido común cambiar a situación actual a apenas tres días do partido na que o Ourense:
• Rematou a tempada regular a sabendas de que un empate fronte ao Atlético Astorga na última xornada aseguraba a terceira praza.
• Xogou as semifinais do playoff e a final de forma parcial coa condición de terceiro clasificado en base a normativa vixente.
Deste xeito, o clube recurrirá a decisión tomada por parte do xuiz único de competicións non profesionais e lamenta que se empañe o final dunha tempada para a historia da entidade.
Para min a culpa da cacicada da @rfef non é de Numancia, nin de Conquense. A culpa é unicamente da federación presidida por Louzán, que para tapar unha neglixencia, comete outra aínda maior.
Cambiar as regras de xogo en metade dun playoff é indecente, surrealista e ilegal.
Contra vento e marea, contra decisións indecentes e surrealistas. Contra o que faga falta.
Este domingo con todo a Cuenca e a por ese ascenso. Venceremos sempre no campo, nunca nos despachos.
𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗔𝗗𝗢 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 | 𝗥𝗲𝘀𝗼𝗹𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝗥𝗙𝗘𝗙
A Unión Deportiva Ourense quere manifestar o seu absoluto asombro, incredulidade e desaprobación á afectación directa ao noso clube tras a resolución da Real Federación Española de Fútbol sobre o C.D. Numancia - R.C. Deportivo Fabril do pasado 13 de decembro de 2025.
A entidade considera un atropelo directo aos dereitos do clube, ao espítito deportivo e ao sentido común cambiar a situación actual a apenas na que o Ourense:
• Rematou a tempada regular a sabendas de que un empate fronte ao Atlético Astorga na última xornada aseguraba a terceira praza.
• Xogou as semifinais do playoff e a final de forma parcial coa condición de terceiro clasificado en base a normativa vixente.
Deste xeito, o clube recurrirá a decisión tomada por parte do xuiz único de competicións non profesionais e lamenta que se empañe o final dunha tempada para a historia da entidade.
E xa centrados no deportivo e trala cacicada sufrida, máis motivados ca nunca. A por todas dende o minuto 1 e a pasar a eliminatoria nos 90 minutos. A Cuenca con todo e contra todos.
FORZA @UDOurense2014 de caciques e cacicadas xa estamos curados de espantos.
En metade dunha eliminatoria a @rfef decide cambiar as regras do xogo e decide que en caso de empate ao final dos 120 minutos a @UDOurense2014 quedará eliminada.
As regras de xogo eran claras ao comezo do playoff, cambialas en metade dunha final da ascenso é unha cacicada.
E adultera porque de saberse esta circunstancia antes da ida, a @UDOurense2014 plantearía doutra forma o encontro. Non pode ser que no minuto 96 no Couto haxa unhas regras e no minuto 1 na Fuensanta outras.
Logo falan de potenciar o fútbol modesto. É isto potencialo @rfef ?÷
@xorxepaz En Onda Cero Ourense falouse do tema no informativo de onte. Pero abres os xornais e nada e nas outras radios locais, unha delas con programa propio de deporte nin mu.
Por sorte a día de hoxe cas redes sociais estamos facendo ruido e mañá deixaremos unha imaxe para o recordo.
@martinnrois@xorxepaz Por non mencionar xa a medios que meteron a "traballar" a persoas sen titulación, nin formación.
Lembro o ano que botei unha man en prensa no clube. Convocabas aos medios e con sorte aparecían dous xornalistas. Como xa dixeron molestamos porque non somos controlables.
@martinnrois@xorxepaz É terrible, pero non só pasa co fútbol. Moitos xornalistas acostumaronse a que lles den o traballo feito vía audios ou chamada telefónica.
O nivel do xornalismo deportivo na cidade é terrible. Bótase de menos a xente como Xabi Colmeiro. E da LR prefiro nin falar.
Que celebran exactamente os venezolanos nas cidades do país a estas horas?
Que EEUU toma o control do país? Que o petróleo pasará a mans dos americanos? Que van a expoliar os seus recursos? Ou que Corina Machado it's over tal e como acaba de deixar claro Trump?
A cara que se lle debeu quedar a premio Nobel da Paz ao escoitar ao premio da paz da FIFA ten que ser demencial.
Trump confirma o que todos sabían. Controlará Venezuela e as empresas americanas tomarán o control do petróleo. Expoliación dos recursos en 3,2,1.
Un ano e medio despois de gastar unha importante cantidade de cartos públicos en mudar o céspede do Couto, o campo da pena. Xa non falemos da infraestrutura
E aínda dicían os cargos do PP que iamos ter un dos mellores céspedes de Europa
Mexan por nós e hai que dicir que chove
A empresa a que a Xunta lle adxudicou o contrato de mantemento do estadio do Couto publica un anuncio nun xornal local buscando empregado
Pois resulta que non fai falla experiencia para optar ao posto
Con estes mimbres como non vai estar o céspede nunhas condicións deplorables?
Compañeira durante moitos anos na escola, compañeira de profesión. Día duro. Meu agarimo a familiares, amigos e aos compañeiros da @vozourense
Que a terra che sexa leve Doa.
⚫ Fallece a los 35 años la periodista ourensana María Doallo. Licenciada por la Universidad Complutense de Madrid, se incorporó a La Voz de Galicia en el 2019 https://t.co/s2E7nASMFK
Pereiras, mazairas, castiñeiros, as viñas e a casa, todo completamente arrasado. Unhas 7 casas calcinadas en Budián ademais da familiar. O panorama é desolador.