📢TEMOS PREMIOS XERAIS 2026!🎉
🔴A boca do río, de Alberto Lema, XLIII PREMIO XERAIS DE NOVELA
🔴A banda da albóndega, de Ivana Gómez Abuín, XLI PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL
🔴A lingua dos grifóns, de Santiago Lopo, XVIII PREMIO JULES VERNE DE LITERATURA XUVENIL
Nova edición de "en que mesa sentariades?"
En cada mesa hai unha novela trepidante, un libro infantil divertido e un poemario conmovedor📚
Se só puidésedes sentar nunha mesa, cal escolleriades?😉
Valeria G. Caneda: "Gustaríame que 'Goma de borrar' axude a quitar as ideas preconcibidas sobre a adolescencia".
🗓️A autora estará o vindeiro luns (6/7, 20h) na Feira do Libro de Vigo e o venres (10/7 20h) na libraría Nobel de Xinzo de Limia.
https://t.co/z74DMtqjyX
Adelaida Vidal, escritora e técnica de protección de menores: "21 días de Arnela nace da necesidade de entender as historias dos centros de protección de menores"
https://t.co/JsbDvn2Ch7
Non queriamos deixarvos todo o verán sen lecturas, así que… TEMOS NOVIDADES!
Aproveitade para ler baixo o sol e gozar de moi boas historias!📚
@Rivasbarrs , Óscar M. Guzmán, Luís Colder, Alice Oseman @neeumatiko , Éric Dopazo, @TeresaMoure.
A Galicia moderna, de Lourenzo Fernández Prieto (@lourenzofp)
Un libro que axuda a ollar desde outra perspectiva o pasado e que subliña a forza dese pulo transformador que configuraba unha Galicia que involucionará desde o ano 1939.
Por @ramonnicolasr
https://t.co/q95TE9tzSK
✏️Hoxe chega ás librarías a nova edición dunha das novelas referentes da narrativa galega actual. O lapis do carpinteiro, de @Rivasbarrs, con máis de 100.000 exemplares vendidos e traducida a 40 linguas.
https://t.co/fGKHdrgC5A
📚Miguel Calvo Marques estará este domingo (12.30h) na Festa dos Libros de Pontevedra presentando a súa novela As esquinas, Premio Pinto e Maragota pola Diversidade Sexual e de Xénero.
https://t.co/FkPxAbLuRN
O volume 6 de Heartstopper chega mañá ás librarías para pechar a serie. Faino de maneira simultánea en todas as linguas en que se publica, tamén en galego.
https://t.co/Pg3PUCOnWm
Xerais (@Xerais) publica o volume final de Heartstopper, de Alice Oseman, co peche da etapa escolar do Nick e o Charlie
📖Chegará o 2 de xullo simultaneamente co resto de linguas
https://t.co/2fxxhNTR67
#TomaNota#Literatura#Novelagráfica
O pai de Lucía converteu a casa nunha prisión, onde non se fala, non hai fotos de familia e o fútbol está prohibido.
Lucía terá que decidir se está disposta a arriscarse para conquistar o seu lugar dentro e fóra dun campo de fútbol⚽️
@ASendaDeSal
«O día que o Avó se xubilou, a empresa regaloulle un vagón en desuso. Logo o Pai quitou os asentos; non todos, porque lle daba tristura. Dentro da carcasa do vagón, o Pai segue a ver a seu pai cada día».
"A identidade" de Manuel Darriba.
Hoxe é o Día do Orgullo LGBT+ e queremos recomendarvos libros que representan e abren portas.
Porque todxs merecemos atoparnos nos libros, sentirnos vistxs e ler con liberdade📖
Grazas a todos xs autorxs por dar visibilidade e voz a tantas historias🏳️🌈
📚Nova edición de O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (@Rivasbarrs), con 100.000 exemplares vendidos en galego e traducida a 40 linguas.
Unha das obras máis relevantes da narrativa galega contemporánea. Chega ás librarías o 2 de xullo.
https://t.co/XoQRwqhCYl
Un personaxe desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade.