Galicia e Castela e León compartimos retos e oportunidades. A colaboración entre territorios é fundamental para mellorar as infraestruturas, impulsar a competitividade e avanzar xuntos.
Diso falamos hoxe, no Foro Ancares, co presidente @alferma1
➡️ @AlfonsoRuedaGal destaca os desafíos comúns que comparten Galicia e Castela e León, como a vivenda, a mellora das infraestruturas ou o reto demográfico
📍Participou no Foro Ancares, un encontro organizado por @elprogreso_Lugo e @diariodeleon
ℹ️ https://t.co/f4pw0FGSB2
🧬 O vindeiro luns comeza a toma de mostras da nova fase do proxecto Xenoma Galicia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
📍 O Salnés: do 26 ao 29 de outubro
📍 Pontevedra: do 2 ao 19 de novembro
ℹ️ https://t.co/mXF63qemih
🌦️ Hoxe venres, alternancia de nubes e claros en #Galicia, con posibles chuvascos illados no norte e noroeste, que irán remitindo.
🌤️ Mañá sábado, tempo máis estable e sen precipitacións.
🌧️ O domingo aumentarán as nubes, con orballos máis probables na metade oeste.
🎓 Apoiamos a tese doutoral de 15 novos investigadores en empresas e centros de I+G+i para promover a transferencia de coñecemento
📚 Un total de 12 estudantes realizarán a súa tese en empresas e os tres restantes en centros tecnolóxicos
ℹ️ https://t.co/B5LtL5XqGj
👩🏫 Seis proxectos de FP destacan no concurso Eduemprende Idea 2026, que busca impulsar o talento emprendedor entre a mocidade
A resolución dos premios xa está publicada no DOG ⤵️
ℹ️ https://t.co/gYAI5PKegt
Galicia é unha terra de oportunidades, de estabilidade, talento e capacidade para crear emprego.
Hoxe, no 40 aniversario de @expansioncom, compartimos o potencial da nosa economía e os retos de futuro.
Parabéns por catro décadas contando a actualidade económica!
🔵 @AlfonsoRuedaGal destaca Galicia como un territorio estable, competitivo e atractivo para os investimentos empresariais
▶️ O presidente participou na apertura do encontro empresarial organizado por Expansión con motivo do seu 40º aniversario
ℹ️ https://t.co/Sn0fRBuVIY
Bo día! Hoxe non perdemos de vista á borrasca #Austen nomeada pola @metoffice. Nós quedaremos no límite do seu radio de acción:
🔹Vento forte ao final do día.
🔹Chuvia de intensidade moderada pola noite.
🔹Temporal no mar con ondas superando mañá venres os 5 m no litoral norte.
🟩 Récord de bandeiras verdes!
📢 Este ano foron concedidas 39 como exemplo do compromiso ambiental e paisaxístico dos concellos galegos
ℹ️ https://t.co/cOz0UXBf1u
🎓 Edugal volve a Pontevedra!
📚 A feira reúne ata venres 64 expositores con formación, orientación e oportunidades para axudar o alumnado a decidir o seu futuro académico e profesional
ℹ️ https://t.co/ErHw9UvC0h
Despois do paso da fronte desta pasada madrugada🌧️ foi entrando unha masa de aire máis fría📉, con rexistros que nesta tarde apenas chegaron ós 20ºC, mesmo moitas zonas do interior nin superaron os 15ºC🍂
🔵 @AlfonsoRuedaGal destaca a partida de 73 M€ nos orzamentos de 2027 para blindar a gratuidade das escolas infantís
📍Hoxe visitou a nova escola municipal do Rebullón, en Mos
ℹ️ https://t.co/qqFmULzncW
Un novo espazo para aprender, xogar e medrar en Mos. Inauguramos a escola infantil do Rebullón, con 41 prazas públicas e gratuítas.
Grazas á colaboración entre Xunta e Concello, máis familias contan cun servizo que facilita a conciliación e coida dos máis pequenos
O que debes saber do #ConselloXunta desta semana, en 30 segundos
▶️ Damos os primeiros pasos para unha nova reserva da biosfera
▶️ Ampliamos o cribado de cancro de mama
▶️ Impulsamos a innovación empresarial con máis de 400 M€