𝗚𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦, @BorjaFF
O adestrador ourensán non continuará a próxima tempada liderando o corpo técnico do Ourense.
Péchase así unha historia de dous ascensos e unha innumerable lista de recordos imborrables dende a súa chegada.
Moita sorte no futuro, OURENSÁN.
Se me din en novembro de 2020 narrando por youtube que "o xabarín de Matamá" ía sentir este clube coma se fose seu... Eres máis ourensán ca Ponte Romana, amigo @varofernandez2 ❤️💙
Hai quenes baixaron ao inferno, aos que lles dixeron que nada disto era posible.
Hoxe son o faro dunha provincia e levan o nome de Ourense por bandeira.
Pura emoción! 🥹
⚽️ El club de fútbol UD Ourense,
👥en asamblea comunista celebrada hoy en el auditorio,
rechazó cualquiera opción de tener un club en las ligas profesionales,
condenando al equipo a arrastrarse por la 3°División o Regional Preferente,
o bien a desaparecer.
‼️ Lío gordo en Segunda RFEF: la alineación indebida del filial del @RCDeportivo que perjudicó al @cdnumancia... y ahora al @UDOurense2014 tres días antes de jugarse el ascenso contra el @UBConquense, que de rebote es el gran beneficiado
✍️ @pablomotero https://t.co/imEw4lFzuq
𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗔𝗗𝗢 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 | 𝗥𝗲𝘀𝗼𝗹𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝗥𝗙𝗘𝗙
A Unión Deportiva Ourense quere manifestar o seu absoluto asombro, incredulidade e desaprobación á afectación directa ao noso clube tras a resolución da Real Federación Española de Fútbol sobre o C.D. Numancia - R.C. Deportivo Fabril do pasado 13 de decembro de 2025.
A entidade considera un atropelo directo aos dereitos do clube, ao espítito deportivo e ao sentido común cambiar a situación actual a apenas tres días do partido na que o Ourense:
• Rematou a tempada regular a sabendas de que un empate fronte ao Atlético Astorga na última xornada aseguraba a terceira praza.
• Xogou as semifinais do playoff e a final de forma parcial coa condición de terceiro clasificado en base a normativa vixente.
Deste xeito, o clube recurrirá a decisión tomada por parte do xuiz único de competicións non profesionais e lamenta que se empañe o final dunha tempada para a historia da entidade.
𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗠𝗔́𝗜𝗦 👑 O fútbol non perde a unha lenda: @aspas10 renova co Celta.
A falta dun partido para pechar a tempada, chega a noticia que todo o celtismo esperaba, que emociona a todos por igual. A que une xeracións. A que confirma que algunhas historias nunca terán final.
Iago Aspas renova a súa vinculación co club da súa vida. Faino como debe facelo unha lenda, con presente e futuro. 𝐀𝐬𝐢𝐧𝐚 𝐚𝐭𝐚 𝟐𝟎𝟑𝟎 e seguirá defendendo o escudo celeste 𝐧𝐨 𝐜𝐞́𝐬𝐩𝐞𝐝𝐞 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝐦𝐚́𝐢𝐬 (“unha máis”). E no momento en que dea un paso fóra do terreo de xogo, farao á vez cara dentro do club. Unirase á súa estrutura para continuar aportando. O Iago Aspas de sempre, un novo Iago Aspas.
Porque aquel neno de Moaña que soñou con marcar un gol bonito co Celta dos maiores acabou converténdose na alma de toda unha afección. No canteirán que transformou o imposible en rutina, o que nunca deixou de crer e o que fixo que toda unha xeración medrase sentindo orgullo de ser do Celta.
Con el chegaron noites inesquecibles, goles que xa forman parte da memoria colectiva do celtismo. Chegaron récords, partidos históricos e unha maneira única de entender este escudo. Máximo goleador histórico do club, futbolista con máis partidos na historia coa camiseta celeste e símbolo absoluto dunha afección que se recoñece no seu carácter e nas súas raíces.
Non é que Iago Aspas sexa o mellor xogador da historia do Celta. É que Iago Aspas é o Celta. Un xogador que marcou unha época, que construíu unha identidade.
E agora, co Celta de novo rumbo a Europa. Vinte e tres anos despois daquela segunda clasificación continental consecutiva, cun equipo feito na casa, con talento feito na Madroa e co orgullo de Galicia por bandeira, Iago Aspas seguirá marcando o camiño e representando mellor ca ninguén o que significa defender este escudo.
Porque a historia de Iago Aspas e o Celta continúa.
Agora e sempre.
Parabéns, capitán!