A música de Las Antonias envolveu a arte d@s creador@s de Carballo e Muxía no acto de inauguración de “Miradas 6”. A mostra estará ata ao 28 de xaneiro no 3º andar do Pazo da Cultura.
https://t.co/bti69WvFIz
#NadalCultural
A arte convértese en nexo de unión entre Carballo e Muxía a través da exposición colectiva “Miradas 6”. A mostra estará aberta do 22 de decembro ao 28 de xaneiro no 3º andar do Pazo da Cultura.
https://t.co/pFKXAU8ptq
#NadalCultural
Hoxe, ás 21.00 horas, no 2° andar do Mercado Municipal, inauguramos #Mercarte Deixámosche o programa dos obradoiros e dos concertos e os horarios de visita.
Inauguramos #Mercarte, unha iniciativa da @AACreaFormas que neste edición quere abrirse non só a artistas e artesáns locais, senón de toda a Costa da Morte. Poderedes visitar a mostra ata o domingo no segundo andar do Mercado Municipal.
https://t.co/ib9gngrV1S
Xa temos gañadores do Concurso de Postal e Cartel de #Nadal. O xurado, que se reuniu hoxe, tivo que escoller entre 1.274 debuxos!
https://t.co/gYSJvCVY7u
Trinta agrupacións actuarán en Carballo nos vindeiros trinta días nos 14 concertos do programa Novembro con Música. As formacións locais son as principais protagonistas dun cartel que inclúe folk, música coral, clásica e pop, entre outros xéneros.
https://t.co/Ckhx7AtjZ6
Xa podedes visitar #ZoomFIOT, a mostra das imaxes que se realizaron durante o @FiotCarballo 2016, no que 6 fotógrafos locais nos aproximan a momentos do festival non sempre accesibles para os espectadores.
https://t.co/fpSlvBwKQs