Xa temos os MDs abertos para que nos contedes as vosas experiencias na facultade. Publicarémolas de forma anónima para concienciar da nosa situación. Se o preferides tamén podedes envialas ao noso correo: [email protected]
Dende a Asemblea Aberta denunciamos a nefasta xestión por parte dos departamentos e o caso omiso destes á resolución reitoral. Nesta situación, nos distintos cursos da carreira atopamos na súa maioría o exame final telemático como medio principal de avaliación.
Ante a incompetencia por parte da USC na xestión desta situación e no establecemento meridiano dos métodos de avaliación (o cal vai máis aló da nosa facultade), nace a Asemblea Aberta de Física, en apoio do alumnado e ás distintas asembleas da Universidade.