A ASOCIACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA é un colectivo d persoas comprometidas coa lingua e a cultura do país que traballa desde o asociacionismo cultural d base
Foi investido doutor honoris causa pola Universidade da Coruña pola súa exemplar dedicación universitaria á promoción e defensa dos valores culturais de Galiza.
O 13 de novembro de 1903 nace o profesor, historiador e político Emilio González López. O seu compromiso político empeza xa cando estuda no instituto na Coruña. Impulsará e participará na creación da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA).
Foi profesor de @nyuniversity e as súas investigacións quedarán plasmadas nunha extensa obra escrita, entre as que destacan os seus estudos sobre a historia de Galiza. Estivo á fronte da Casa de Galiza , colaborou en diversos programas radiofónicos e cultivou a ornitoloxía. .
🪗📚Hoxe ás 20:00 horas, presentamos o libro A Gran Familia. Figuras clave da música tradicional galega, de Tomás Cuesta. O autor estará acompañado por Xurxo Souto e o director de @Xerais, @franalonso. A sesión pechará coa música de Brais Maceiras.
https://t.co/vKXYT3UTvc
A Coruña: presentación de A gran familia. Figuras clave da música tradicional galega, de Tomás Cuesta González: https://t.co/GsUkxa9ACW @franalonso@Xerais@ACBoveda
O 12 de novembro de 1942 morre no exilio en Montauban (Francia) Amparo López Jeán. López Jeán foi secretaria e presidenta da Agrupación Republicana Feminina e foi a 1ª coruñesa en afiliarse ao Partido Galeguista, formando parte da Executiva coruñesa en calidade de Vogal.
Coa vitoria dos franquistas teñen que exiliarse en Calvados (Francia). Até alí chegarán tamén dous dos seus fillos, María Teresa e Ana María. Coa ocupación nazi a familia trasládase a Vichy e logo a Montauban, onde morrerá López Jeán.
✊🏘️Mañá día 11 a cultura tamén para e unímonos ás mobilizacións da folga xeral en defensa do dereito a vivenda e as condicións de vida da clase traballadora.
Estaremos ás 12h na Praza de Vigo xunto @galizaCIG@CIGACorunha.
https://t.co/tNgeo4791Z
Vida Gallega, A Nosa Terra e El Liberal. Foi director de El Heraldo Gallego, de Acción Viguesa e do xornal vigués Galicia. Foi membro do faladoiro do Café Colón de Santiago, con Castelao ou Ramón Cabanillas. Autor de ensaio e narrativa dedicou especial atención ao teatro.
O 10 de novembro de 1936 é asasinado o xornalista e escritor José Manuel Antonio Lustres Rivas. Nos primeiro días do golpe de estado Manuel Lustres foi detido nas oficinas do @Farodevigo e encarcerado no presidio da Illa de San Simón, onde estivo até o 9 de novembro.
O día 10 o seu corpo apareceu no Alto da Cuncheira, na parroquia de Trasmañó (Redondela). Como xornalista participou activamente en múltiples xornais e revistas, entre outros Galicia Nueva, El Miño, Gaceta de Galicia, El Heraldo Gallego, La Crónica de Vigo, Galicia,
Foi ilustrador en publicacións, revistas e programas de festas. Mostrou a súa obra na Exposición de Arte Galego da Coruña e na Exposición Rexional de Belas Artes de Santiago. A idade avanzada apaixonarase pola fotografía converténdose nun dos grandes nomes da fotografía galega.
O 9 de novembro de 1894 nace en Betanzos Xosé Veiga Roel. Iniciado desde moi novo no mundo do debuxo alcanza moi pronto fama polas súas aptitudes como calígrafo e miniaturista. Membro das Irmandades da Fala.
Foi parte do grupo de colaboradores da revista Rexurdimento, que se publica en Betanzos entre 1922 e 1923 e que recollía as colaboracións dos máis destacados persoeiros da época. No número 1º de Rexurdimento xa aparece unha colaboración súa titulada Nai e Patrea.
📸O sábado 14 de novembro, ás 12, inauguramos a exposición fotográfica Paisaxe construída, de Iván Casal Nieto. A través do traballo conxunto con profesionais da arquitectura, a fotografía achega unha escolma da arquitectura galega contemporánea.
https://t.co/uGg1XUrszd
Bo dia!
Imos co🧵coa axenda da semana.
📽️🌳Hoxe ás 20:00 h, proxectamos o documental Sal e Barro sobre a riqueza ecolóxica das Mariñas como alicerce da vida na comarca. Producida pola @SGHN_Galicia e a realización de Ramiro J. Freire.
https://t.co/v2KkJ8qpHB
🪗📚A sexta feira ás 20:00 horas, presentase o libro A Gran Familia. Figuras clave da música tradicional galega, de Tomás Cuesta. O autor estará acompañado por Xurxo Souto e o director de @Xerais, @franalonso. A sesión pechará coa música de Brais Maceiras
https://t.co/vKXYT3UTvc