🔔 Únete a Info Guimaralia para estar ao día dos eventos no concello de #APobraDoBrollón. Xa son máis de 150 persoas suscritas! ✅ É gratuíto. ✅ Podes darte de baixa en calquera momento. Para unirte segue os pasos do cartel 👇
"Conxugamos o viño elaborado por colleiteiros particulares co que elaboran adegas profesionais inscritas na @ribeirasacrado porque todos colaboran no mantemento da paisaxe vitícola de @APobra", asegura o alcalde Xosé Lois Maceda en +d1 https://t.co/pyoUr9Gszo
Sen necesidade de facer escavacións e grazas ás novas tecnoloxías afirman os arqueólogos que o asentamento da Roda do Castro en Salcedo @APobra data da Idade do Ferro. En +d1 falamos Xurxo Ayán e Carlos Otero.
https://t.co/BoYrSSQg7m
Seguir rehabilitando a zona vella da capitalidade municipal, poñer a funcionar a Casa da Xuventude, cubrir ou cubrir a pista polideportiva, previsións para este ano no concello de @APobra que repasa o alcalde, contento de como van as obras da residencia. https://t.co/5hLPGAnez0
O futuro dos brindos e as regueifas está asegurado. Máis de 60 alumnos de 6 centros educativos participan en @APobra no cuarto encontro escolar de improvisación oral. Falamos coa profesora Sara Marchena e con 2 participantes, Alberto e África https://t.co/rBTLp7n1Fu
Diversificar oferta ou desaparecer é o reto ó que se enfrontan as panaderías do rural. A 4ª xeración de panadeiros á fronte de Panadería Herbella en @APobra facturan xa en doces máis dun 60% e veñen de asinar con Gadis a distribución das pastas de nata.
https://t.co/pXTc7ZpmJV
Obradoiro de baile tradicional impartido por Branca Albán.
Isto é o que nos conta: “Obradoiro aberto no que analizaremos os mandatos corporais e o xeito de adaptarse aos tempos que corren. Bailaremos os marcos, moveremos os corpos.” 💜💫 #APobradoBrollón#igualdade#bailegalego
📢🟣 Este venres #8M conmemoramos o Día da Muller cunha concentración diante do Concello. Animamos á veciñanza a achegarse para entre todos e todas reivindicar a #igualdade de xénero e unha sociedade xusta na que todas as persoas accedan ás mesmas oportunidades. #APobradoBrollón
🎭 Queres participar na nosa sección para elixir a foto do mes de febreiro? están inspiradas no entroido
✍️Comenta cal é a túa opción prederida.
⏳ Tes de prazo ata as 12:00 horas de mañá, 1 de marzo.
🪆 @MonforteLemos
🥸 @ChantadaConcell
🐻 @APobra
💃 @ConcelloFoz
É un pracer anunciar que a escritora #MaríaSánchez presentará en #APobradoBrollón o seu novo poemario, ‘Fuego la sed’, lanzado hoxe mesmo. Será unha presentación moi especial en formato conversa coa poeta guímara #OlgaNovo.
📌O 13 de marzo ás 20:15, na Casa da Cultura.
Foi preciosa a #neve mentres durou! ❄️ Así de fermosa estaba a Pena dos Catro Cabaleiros e os montes da contorna, fotografados por Carlos Rueda esta fin de semana.
#apobradobrollón#ocourel
🌹 Co motivo do #DíadeRosalía, este venres 23, a Biblioteca municipal Antonio Reboiro inaugura sección dedicada á escritora galega por excelencia. 📚 Se vas estes días pola biblioteca atoparás unha escolma de libros para todas as idades, escritos por ou sobre Rosalía de Castro.
👷♀️👷As e os participantes do Obradoiro dual de #Emprego continúan os traballos para acondicionar e embelecer as zonas verdes do noso municipio. 🌿 Estes días estiveron facendo tarefas de roza e poda nas inmediacións do Centro de Día e do Albergue de #APobradoBrollón. 📸👇
Resultados das eleccións ao Parlamento de Galicia 📊🗳️
Queremos agradecer á veciñanza de #APobradoBrollón pola súa participación. Foi dun 72,40%, o que significou un incremento de 12,80 puntos con respecto a 2020.
Na nosa web, os resultados por mesas: 🔗https://t.co/AINy9plV05
🏋️♀️🌟 O Concello adquiriu recentemente máis pesos, gomas de resistencia e steps para as clases de ximnasia. Son xa moitas veciñas e veciños que buscan gañar en saúde e benestar coas clases municipais de ximnasia e pilates, impartidas polo entrenador Alejandro Ferriz. 👏