Xa están activos os primeiros 9 puntos de recollida de alegacións contra o intento de colar en trámites separados (eólicos por un lado, planta fotovoltaica por outro) o proxecto híbrido do Coto Novelle entre Castrelo de Miño e Cartelle. Actualizaremos nos próximos días.
Distribuímos un escrito de alegacións contra a planta fotovoltaica en #Cartelle para presentar nos próximos vinte e un dias, até o 19 de febreiro.
O modelo de alegación está dispoñíbel na nosa páxina web (en formato PDF) na seguinte ligazón: https://t.co/4pSvuNoE2Z
Concentración en #Cartelle en nove días, o 9 de febreiro, para berrar ben forte: 𝐄𝐨́𝐥𝐢𝐜𝐚 𝐀𝐬𝐢́ 𝐍𝐨𝐧!
POR UNHA MORATORIA EÓLICA REAL
NON AO ESPOLIO DOS NOSOS RECURSOS
NON AO ESPOLIO DO NOSO PATRIMONIO
#EólicaAsíNon#STOPEólicos#CastrelodeMiño#HaiqueParalos
Dende @afiando_o_vento animámosvos a vir á andaina deste domingo polo Coto Novelle e asistir á concentración que terá lugar na Alameda de Cartelle, convocada pola Coordinadora Eólica Así Non!
A andaina sae de Calvelos ás 9,30 sendo unha ruta circular de 5 Km.
#NonXirarán
Seguimos coa campaña de INFORMACIÓN e recollida de ALEGACIÓNS contra o PE Arnoia, no Coto Novelle (Cartelle e Castrelo de Miño), que promove a instalación de 7 aeros de 220 m a menos de 1 km de núcleos habitados.
📌 Mañá, día 29, a mesa estará na Feira de CASTRELO DE MIÑO.
Que alguén lle explique á señora Ayuso que as rexións que non xeneren enerxía renovable non poden ter industria electrointensiva, porque non nos podemos permitir perder un 17% de enerxía no transporte…🤷🏻♂️🤷🏻♂️🤷🏻♂️
A ver gayegos, alegar causas medioambientales para no poner más parques eólicos solo lo puede hacer la Comunidad de Madrid, habéis entendido?
🤷🏻♂️🤷🏻♂️🤷🏻♂️
A C T U A L I Z A M O S (novo punto de recollida en Celanova)
𝐏𝐮𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐫𝐞𝐜𝐨𝐥𝐥𝐢𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐋𝐄𝐆𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐨 𝐏𝐄.𝐀𝐫𝐧𝐨𝐢𝐚 (Cartelle e Castrelo de Miño)
Aquí até 14 de XANEIRO están as follas a disposición para completar cos datos e asinar👇
🌿 Este domingo subiremos á Serra da Martinhá coas compas da Plataforma Salvemos A Martinhá e Trulhada!!
🦅Porque non hai millor xeito ca unha andaina de valorarmos o que temos e debemos protexer!
✊🏿Caminha canda nós!!! Non farán do rural un polígono industrial!!!
#NonXirarán
Ducias de milleiros de persoas xúntanse en Compostela ao berro de #AltriNON pero no Telexornal Mediodía da @TVG dedícanlle máis tempo á empresa e a quen apoia o proxecto que a unha mobilización histórica.
Outra máis...
#NonMáisManipulación#LiberemosAGalega#DefendeAGalega
O anuncio da II Marcha en Defensa do Monte Grande, hoxe en @LaRegion.
A noticia vén acompañada doutra que revela a postura dos xestores políticos da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés de ignorar a ameaza eólica sobre o territorio que deberían protexer.
✊‼️Este decembro temos varias convocatorias para saír a denunciar, nas rúas e no monte, o inxente desenvolvemento de proxectos enerxéticos perxudiciais para o futuro do noso territorio. ✍️ Apunta, 🤗acude e 📣 difunde!!!!!!
👇👇👇