🥾 O grupo de sendeirismo de Alumni completou o pasado 6 de xuño unha nova etapa entre Camouzo e Ponte Alvar, percorrendo 11,5 quilómetros nunha contorna natural de gran beleza.
📍 Camouzo – Ponte Alvar
🥾 11,5 km
⏱️ 3 horas e media
#Alumni#Sendeirismo#Natureza#Montaña
🌿 Sétima etapa do Camiño do Taverneiro
14 quilómetros de natureza, patrimonio e tradición nos que os camiñantes descubriron recunchos únicos do rural galego.
✨ Un dos momentos máis especiais viviuse na Consolación, onde Xulia sorprendeu aos peregrinos co seu fremoso xardín.
✨ Un encontro inesquecible coa experiencia e a memoria do xornalismo galego.
A comunidade Alumni tivo o privilexio de compartir unha tarde moi especial xunto ao recoñecido xornalista galego Lois Celeiro, nunha conversa conducida polo profesor José Carlos de Miguel Domínguez.
🌿🥾 5ª etapa do Xiro Grande a Santiago completada!
Nesta ocasión, os sendeiristas percorreron os 9 km entre A Peregrina e Ponte Albar nunha xornada chea de natureza, aventura e compañeirismo.
💚 Natureza, aventura e camiño compartido.
#XiroGrandeASantiago#Sendeirismo
🎭 ARTías Teatro presenta
🌹 «Espiñas rosas»
📍 Teatro Principal
📅 13 de maio de 2026
🕗 20.00 horas
🎬 Versión «infiel» de Ana Ponte a partir da obra «Entre mujeres», de Santiago Moncada.
🎟 Entrada gratuíta con recollida en taquilla.
💜 Donativo a beneficio da ONG ARRAIANAS.
📚🎶 Santiago de Compostela acolleu onte a charla-concerto «Legado de Begoña Caamaño», un acto enmarcado nas celebracións do Día das Letras Galegas.
Un encontro no que a literatura e a música se deron a man para lembrar e poñer en valor a figura de Begoña Caamaño.
📚 A Facultade de Xeografía e Historia da USC acolleu a conferencia «Ramón Otero Pedrayo, universitario», impartida por Ramón Villares e promovida por Alumni USC, nun acto centrado na vixencia do pensamento do autor de Trasalba.
Letras Galegas 2026
ーーーーーーーーー
📅 Xoves 7 de maio
🕖 19:00
📍 Facultade de Filosofía
«Entre letras e notas: Legado de Begoña Caamaño» propón un percorrido sensible pola obra e o espírito dunha autora imprescindible.
Agardámoste.
📅 Mércores 6 de maio de 2026
🕖 19:00 h
📍 Sala Profesorado – Facultade de Xeografía e Historia
Conferencia:
«Ramón Otero Pedrayo, universitario», impartida polo profesor Ramón Villares.
Entrada libre ata completar aforo.
🌿 Éxito na 6ª etapa do Camiño do Taverneiro
Percorrido de 12,5 km cheo de paisaxe, historia e boa compañía.
👉 A xornada rematou cunha interesante charla de Mariña Regueiro. Seguimos camiñando xuntos! 🚶♀️🚶♂️
#SendeiristasAlumni#CamiñoDoTaverneiro#Sendeirismo#Alumni
POIS, FALAMOS E ESCOITAMOS
Lois Celeiro Álvarez, periodista e Valedor do Camiño, participará nunha conversa aberta conducida por José Carlos de Miguel Domínguez, profesor e investigador emérito da USC.
📅 23 de abril
🕖 19:00
📍 Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos)
📢 Novo nomeamento na Universidade de Santiago de Compostela
Juan Manuel Díaz Villoslada asume este mércores a xerencia da USC, tras a aprobación do Consello Social a proposta da reitora Rosa Crujeiras e a súa publicación no DOG.
🌿 A cuarta etapa do Xiro Grande a Santiago reuniu a 36 sendeiristas nun percorrido de 11 km entre a Carballeira de Nemenzo e a Peregrina.
Unha xornada de natureza, con tramos de aventura, sendeiros de monte e algunhas subidas esixentes que puxeron a proba as forzas do grupo 💪
Fronte ao espello: falar para non calar
Alicia Orriols e a psicóloga Carmen Pomar acompañáronnos para falar dun tema difícil, pero necesario: o suicidio.
A través de «Mirar de frente», Alicia convidounos a mirar de fronte, a falar e a tender a man.
⏳ Quedan só uns días para inscribirte en AddVenture 2026 🚀
✅ Programa gratuíto
✅ 30 prazas
✅ Formación, mentoría e networking
✅ Online con encontros presenciais puntuais
📅 O prazo de inscrición remata o 15 de abril.
🔗 Inscríbete en: https://t.co/GJA7VTxXTb
5.ª etapa do Taverneiro superada ✔️
De Carballedo a Serrapio, un percorrido cheo de contrastes: tramos esixentes, paisaxes espectaculares e moito patrimonio polo camiño.
Seguimos sumando etapas 💪 Próxima parada: 4ª etapa do Xiro Grande de Compostela.
O Instituto Cervantes acolleu un encontro dedicado ás irmás Elisa e Jimena Fernández de la Vega, pioneiras da medicina en España, dentro da décima edición do programa «Máis de 100 mulleres por descubrir», impulsado polo Círculo de Orellana xunto con Alumni USC.
🪞 Fronte ao espello: saúde mental e suicidio
📅 9 de abril
🕖 19:00 h
📍 Facultade de Filosofía
Alicia Orriols presentará o seu libro «Mirar de Frente». Contaremos con Carmen Pomar, psicóloga, que achegará unha visión profesional sobre os retos actuais en saúde mental.
Nova saída dos sendeiristas, Cesar-Nemenzo: Xiro de Compostela
A xornada rematou cun xantar e unha visita á exposición «As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI» no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. 🎨
📚 Celebramos unha charla titulada «Réxime económico no matrimonio: unha posible modificación», impartida polo doutor en Dereito e membro da Academia Española de Jurisprudencia y Legislación Xesús Palmou Lorenzo, e presentada pola nosa vicepresidenta Luisa Rivas García. ⚖️