Seguimos sumando quilómetros e ideas para a nova etapa das XSG. 🌹
Grazas á militancia de Pontevedra por un encontro cheo de achegas vitais. O noso proxecto só ten sentido se escoitamos a quen defende os nosos dereitos día a día nos concellos. É AGORA. ✊
Feliz Día das Letras Galegas! 💙
Hoxe lembramos a Begoña Caamaño, unha escritora e feminista que revolucionou a nosa literatura. Nun tempo no que algúns queren silenciar a nosa lingua, as XSG seguiremos reivindicando a súa vixencia nas rúas. É AGORA. ✊
Grazas á militancia de Vigo e da provincia de Pontevedra polo encontro de hoxe. 🌹
A forza das nosas agrupacións locais é o verdadeiro motor das XSG. Toca organizarse, dar a batalla cultural e construír a nosa alternativa dende a base. É AGORA. ✊
Dende hoxe, @Ana_Alvite_ é provisionalme a nova secretaria xeral electa de XSG ata a súa ratificación os próximos días 6 e 7 de xuño.
Parabéns ♥️
#senmedo
Feliz Día da Enfermaría a todas as compañeiras! 🩺🌹
A nosa profesión ensínanos o valor dos coidados, pero non podemos soster o sistema soas nin a base de precariedade. Esiximos condicións dignas e unha sanidade pública forte e blindada. É AGORA. ✊
Viva o 1 de Maio! 🌹
Hoxe saímos á rúa porque os dereitos laborais da mocidade conquístanse con militancia e inconformismo. Deixámosvos o noso dicionario para a nova etapa das XSG, sendo sempre fieis á nosa clase.
O conformismo non é unha opción. É AGORA. ✊
O meu percorrido nas XSG. 🌹
Anos de traballo dende a base, coñecendo a organización por dentro e defendendo os nosos valores.
Cóntovolo no vídeo. ▶️ É AGORA. ✊
Hoxe en Ourense: sanidade pública e liberdade. 🌹
40 anos da Lei de Sanidade: a saúde non se vende, blíndase. 🩺
Despois acto de irmandade coas @jsaltominho e @xsgourense polo #25A. 🌺 Os dereitos conquístanse. É AGORA! ✊
#ÉAgora#XSG#Ourense#25Abril
A política de verdade faise con propostas sobre a mesa. O noso proxecto para as @XSGalicia resúmese en 4 batallas que imos dar sen descanso:
Blindar o público, garantir a vivenda por riba da especulación, presumir do noso patrimonio e rachar co machismo.
O traballo empeza hoxe!
Parabéns, @Ana_Alvite_ !
Moita sorte nesta nova etapa á fronte das Xuventudes Socialistas.
Coñezo o teu compromiso, a túa forza e as túas conviccións, e sei que farás un gran labor.
As @XSGalicia quedan en moi boas mans. Unha aperta, compañeira 🌹
Feminista, socialista e defensora do público. As nosas bandeiras están listas e o noso proxecto máis unido e forte ca nunca.
Temos a vista posta no futuro de Galicia e na dignidade da nosa mocidade. O traballo empeza xa. #ÉAGORA. 🌹✊
A Comisión Nacional de Garantías (CNG) de XSG, vén de proclamar como única precandidata á Secretaría Xeral das XSG, a @Ana_Alvite_ .
Dende mañá, 22 de abril, ata o 6 de maio, deberá recoller, como mínimo, o aval do 10% da militancia da nosa federación