📺 Nesta ligazón podedes ver o documental "Lindano. Crónica dun envelenamento" que fixemos as @ecoloxistas para concienciar sobre a gravidade desta contaminación tóxica no Porriño.⚠️
As administracións públicas deberían desterrar xa ese legado tóxico.☠️
🔽https://t.co/SWTcWuW65Q
A Plataforma @AntiLindano da Louri��a fará unha asemblea este xoves. O 16 e 17 de marzo acompañarémolos ao Parlamento Europeo para difundir a súa problemática.
O PP de Mos impidiu á veciñanza entrar nun acto público no Multiusos. Arévalo tratou as veciñas como se foran delincuentes. A promotora do pelotazo urbanístico ordenou rexeitar violentamente aos comuneiros de Tameiga mentres á veciñanza pacíficamente berraba O MONTE NON SE VENDE
Mañá comeza unha semana de actividades e mobilizacións enmarcadas na Folga Mundial contra o cambio climático. Vigo non vai ser menos! Xuntas polo Clima @fff_vigo @greenpeace_gal@adtgalicia @verdegaiaGZ @ADEGAgz@VigoXr https://t.co/Sqb4pXK6r6
A Xunta entregando os resultados das analíticas sobre lindano ás veciñas do Porriño no salón de Plenos do Concello como se fose a feira. A alcaldesa insultando ás veciñas e á xente da plataforma chamándolles “jauría” x pedir entrar para informarse.
#oPorriño#Lindano@AntiLindano
Xa está nas rúas o noso boletín sobre o lindano: "O veleno da Louriña". Aquí o tedes en dixital por se aínda non chegou a vosa casa.
https://t.co/OAPGYNpDno
Comezamos unha campaña de divulgación e concienciación co envio de un boletín informativo ás veciñas/os de Mos e Porriño. Ademais o venres 29 de xuño celebraremos unha charla coloquio con expertos en contaminacións.
https://t.co/0JzKSPVDVY
Agardamos que se descontamine o antes posible a estrada de Pereira-Contrasto pero non imos consentir que enganen á veciñanza dicindo que a contaminación se localiza só nesta zona. A Xunta sabe que hai moitas máis verteduras #lindano espalladas na Louriña.
https://t.co/zujnObB2Ca
A Consellería Sanidade segue insistindo en facer análises de sangue en vez do tecido graxo. Analizar o tecido graxo é unha proba máis invasiva pero detéctase o veleno acumulado de anos mentres que na sangue só se aprecia unha exposición recente ao #lindano https://t.co/fPc1kJjasZ
Soubemos pola prensa que hoxe haberá unha reunión informativa entre a Xunta e a alcaldesa do Porriño. Esperemos que sirva para seguir avanzado na dirección que precisamos toda a veciñanza. #lindano
https://t.co/qM1f7TRuYL
"Acaban de recoñecer que o traslado do tóxico de lindano se fixo de forma irregular e irresponsable, é tremendo que se volva repetir nunha actuación para retirada de terras e catas" A deputada @eva_solla de @En_Marea esixindo información ao goberno galego
https://t.co/twxfcVn1mL
En Vigo, @MareaVigo considera cando menos “preocupante” que o Concelleiro de Medio Ambiente de Porriño, Marcelino Coto, insinuase no Pleno dese Concello do pasado 19 de marzo a existencia de #lindano no embalse de Eiras, propiedade do Concello de Vigo.
https://t.co/4GUYN2vAeE
Obras que se executan de costas ós vecinos, operarios traballando nunha zona potencialmente contaminada sen seren informados e sen os equipos de protección necesarios, contedores con terra contaminada con #lindano “encapsulada” en plástico…
https://t.co/V9QOxXJLbo
Esta é a airada reacción da Alcaldesa do #Porriño ante unha moción presentada no pleno do 19 de marzo na que se solicitaba que todas as administracións asumiran a súa resposabilidade na contaminación por #lindano.
https://t.co/05xphzEz1N
O Concelleiro Medioambiente Porriño asegura que o #lindano está por todo Porriño. Incluso di ter testemuñas de presenza na presa de Eiras. Queremos pensar que esa información xa a trasladaría a todos os concellos afectados: Mos, Salceda, Vigo e Redondela.
https://t.co/mljSlS0udt