#APACAF Hoxe a proba de ciclismo “O Gran Camiño 2025” pasou por Berres, A Estrada, xusto por diante do centro A Braña, e alí estivemos apoiando e dando ánimo aos ciclistas participantes. Encantados de ver o gran depregue de bicis, motos, coches, helicóptero…….
#APACAF Mañá de recados pola Estrada en día de feira. Aproveitamos para lavar a furgoneta e ir á cafetería “O Rollo” en Santa Cristina de Vea, onde, coma sempre, nos puxeron unhas tapas riquísimas!! Gracias pola invitación e pola atención!!!
#APACAF Asistimos ao encontro de baloncesto entre o Monbus Obradoiro e o UEMC Real Valladolid Baloncesto. Pasámolo xenial!! Esta acción realizouse grazas ao convite do Obradoiro CAB en colaboración coa Fundación La Caixa ás entidades que pertenecen a Autismo Galicia.
En #APACAF esta fin de semana tivemos asamblea xeral de socios para aprobar os Orzamentos e o Plan de Actuación para o ano 2025, preparando o camiño para un ano novo cheo de retos e de proxectos. 💪💪
#APACAF Visitamos o centro de día CAMP Cuntis, onde tivemos unha xornada de convivencia coas persoas maiores usuarias, que nos ensinaron a elaborar uns riquísimos bombóns de chocolate e avelás. Qué ricos nos quedaron!!!😋😃
#APACAF Visitamos a exposición 30 Aniversario do artista Arturo Álvarez, no seu taller de Vedra, moi preto do centro A Braña de Berres. Encantáronnos as súas esculturas con luz que conxugan arte e deseño cun enfoque sostible. Parabéns polo traballo e polos 30 anos de historia
#APACAF A Directora Xeral de Discapacidade, Begoña Abeijón, o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao e a concelleira María del Carmen Durán, visitaron o centro A Braña de Berres para coñecer o centro e aos seus usuarios, cos que tiveron oportunidade de charlar.
Parabéns dende #APACAF a AGADEA Alzheimer que cumpre 30 anos de historia👏👏. Hoxe estivemos na celebración que fixeron na Estrada, xunto cos compañeiros de COGAMI Medelo, AMIPA Rois e a residencia da Terceira Idade da Estrada. Un día moi especial!!!😀
O domingo 23 de xuño tivemos a asemblea de socios de #APACAF para aprobar as contas e a memoria do ano 2023. Houbo xantar de confraternidade de socios e puidemos saborear un delicioso menú que incluía a premiada tortilla de patacas con polbo á feira da cociñeira do centro A Braña
Os clientes do centro de naturopatía Namasté da Estrada fixeron unha doazón a #APACAF, e visitamos as súas instalacións para coñecelas e para amosar persoalmente o noso agradecemento. Gracias de corazón
Namasté......
#APACAF…..e hoxe tivemos o simulacro de incendio e evacuación do centro A Penagrande. Gracias a Protección Civil de Moraña pola súa colaboración e implicación. E gracias tamén a Luis Piñeiro, técnico de PRL, que nos axudou a planificar e organizar todo😀
#APACAF Hoxe tivemos un simulacro de incendio e evacuación no centro A Braña de Berres. Contamos coa colaboración de Protección Civil da Estrada, que nos axudou a que todo saíra ben e que fora todo moi divertido.Gracias!!!!
#APACAF Esta semana estivemos de viaxe co IMSERSO no Hotel Balneario de Mondariz, onde desfrutamos dos circuítos e dos tratamentos termais.
Actividade do Programa de Actuaciones de Turismo y Termalismo IMSERSO-Confederación Autismo España
#APACAF Fin de semana con moi bo tempo que aproveitamos para ir de excursión cos rapaces do servicio de ocio e tempo libre á área recreativa da Carixa, en Vila de Cruces.
#APACAF
Fin de semana de moi bo tempo que aproveitamos para ir de visita á Praiña en Couso e a Pontevea cos rapaces e rapazas do servizo de ocio e tempo libre 😍😍. Grazas ao bar “O Rollo” de Vea, pola invitación e polos fabulosos pinchos. Volveremos, sen dúbida!!!😃💙