Coas familias de Sarria esixindo pediatras para garantir os dereitos das nenas e nenos da comarca.
Agora mesmo as nenas e nenos de Sarria mais tamén de Láncara, Paradela, O Incio, Samos, O Páramo están atendidxs por unha única persoa.
📲 Falamos do que nos rodea cada día: medios, redes sociais e manipulación
Este martes xuntámonos en Lugo para reflexionar o impacto da información na nosa vida 🧠💬
📍 14 de abril ás 19:30 horas no C.C. Uxío Novoneyra
▪️ Coas intervencións de Patri Otero e Brenda Mondelo
🖊️ O servizo piloto, que combina taxis con características de transporte público, xa suma máis de 50 desprazamentos e consolídase como unha alternativa para conectar as parroquias co centro de Lugo
🔗 Podes ler o artigo enteiro aquí: https://t.co/h0LY1sQsdv
Pois así é .. Un novo duro golpe.
Falece a edil Olga Racamonde.
Un mandato cargado de traxedia.
Que a terra che sexa leve Olga.
Toda a forza do mundo para a familia e para o grupo socialista.
◼️ Dende o BNG de Lugo queremos expresar a nosa máis fonda tristura polo falecemento da compañeira Olga López Racamonde.
Nestes momentos de dor, queremos trasladar todo o noso agarimo e forza á súa familia, amizades e compañeiras.
Clamor en Lugo hai por seguir vendo a cidade avanzar con proxectos de futuro que melloran a calidade de vida da xente, como a proposta do @BNGLugo co #GranParqueCentral
Mentras algunhas porfían @obloque traballa
📢 Luns 16, saímos á rúa contra a guerra imperialista de Estados Unidos e Israel contra Irán. Defendamos a soberanía dos pobos e un mundo con xustiza, solidariedade e paz.
✊ Participa!
#NonÁguerra
➕ ASINA polo Gran Parque Central de Lugo!
🌳 O solar da actual estación de autobuses pode converterse nun gran espazo verde para a cidade: máis árbores, zonas de lecer e un novo pulmón verde para Lugo.
Necesitamos apoio cidadán e que a Xunta se implique no proxecto.
ASINA! ⤵️
No Día das Vítimas do Terrorismo participamos no minuto de silencio en lembranza de todas as persoas que sufriron a barbarie da violencia terrorista
A mellor homenaxe que podemos facer é seguir defendendo unha sociedade baseada na paz, na democracia e no respecto aos dereitos
➕ ASINA polo Gran Parque Central de Lugo!
🌳O solar da actual estación de autobuses pode converterse nun gran espazo verde para a cidade: máis árbores, zonas de lecer e un novo pulmón verde para Lugo
Necesitamos apoio cidadán e que a Xunta se implique no proxecto!
⤵️ Asina!
Onte na sede do @BNGLugo xuntanza con @agromuralla e Gandeiros Galegos de Suprema para escoitar as súas posicions. E para trasladar de novo o non do BNG ao Acordo UE-Mercosur. E os nosos coherentes votos no #ParlamentoEuropeo na defensa do agro galego e iniciativas no @bngparlamento 🐄
En Cervantes, coa veciñanza, na defensa da sanidade pública. Deixáronos sen médico en Doiras e agora o PP na Xunta quere deixalos cun só en San Román. Non hai dereito.
Lugo epicentro do audiovisual galego!!
Durante as vindeiras semanas, e ata o 21 de marzo, día da gala dos Mestre Mateo no auditorio Fuxan os Ventos, Lugo será a capital do audiovisual. Haberá unha chea de actos ata entón, non os perdas. Toda a info en https://t.co/8CpzJ2JZc1
⚫Hoxe asistimos ao minuto de silencio en lembranza da primeira vítima de violencia machista en Galiza neste ano
Desde o BNG Lugo queremos expresar toda a nosa solidariedade coa súa familia e achegados, e reafirmar o noso compromiso firme na loita contra a violencia de xénero