O BNG de Teo presenta rogos para mellorar a información e seguridade na vila! Entre as solicitudes: paneis informativos de transporte, sinalización de vías, reparación de sumidoiros e atención ás bibliotecas. Participa na mellora da nosa comunidade! https://t.co/ZY5jyObp0w
Animamos a acudir ao acto público do BNG-Teo: "Concerto económico: Galiza coa chave dos seus cartos".
📅 Martes 26 de novembro
🕗 20:30 h
📍 Local do BNG-Teo(Trav. de Cacheiras, nº62)
Intervirán:
🔹 Eloi Devesa, portavoz municipal-BNG
🔹 Rubén Cela, economista, membro da Ex. Nac.
Animamos a toda a veciñanza a participar no acto de Via Galega en Teo co izamento da bandeira galega na Burga de Xermeade este sábado 23 de novembro ás 12h.
Agardámosvos!
#viaGalega#IzamentoDaBandeiranTeo
Onte falamos de transporte público e mobilidade co concelleiro Oscar Anton PG, coa deputada Iria Carreira e co deputado Paulo Rios.
Grazas ás convidadas e ás persoas asistentes!
#bngTeo
Convidámosvos ao acto sobre mobilidade e transporte público, o martes 15 de outubro, ás 20h na Mediateca do Grilo en Cacheiras. Con:
-Oscar Anton PG (concelleiro-BNG de Teo)
-Iria Carreira (deputada do BNG-Parlamento galego)
-Paulo Rios (deputado do BNG-Parlamento galego)
Convidamos a toda a veciñanza a participar da manifestación deste domingo dia 6 de outubro ás 12h na Alameda (Compostela) a FAVOR DO POBO PALESTINO e esixindo o cese do xenocidio que o estado sionista está a cometer.
#GalizaConPalestina#bngTeo
No Pleno de hoxe solicitaremos a ampliación dalgunhas marquesiñas, ante a súa incapacidade para acoller aos estudantes. Ademais, preguntaremos pola eliminación dunha delas nos Tilos.
#bngTeo
Moitas grazas a todas as persoas que onte vos achegástedes ao acto en Teo, e tamén a aquelas que o fomentastes e non puidestedes asistir. Grazas tamén a Marta Gomez e a Bieito Lobeira polas vosas intervencións! Foi un pracer!
#AVozGalegaEnEuropa#AgoraRepúblicas#bngTeo
O martes 28 ás 20:30 no Constante Liste (A Ramallosa) estades convidad@s a un acto do #bng Teo das eleccións europeas.
Participarán o voceiro municipal, Eloi Devesa, a secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez e o candidato ao Parlamento Europeo Bieito Lobeira.
#bngTeo#BNG
Mañá, 23 de maio, celebramos a apertura da campaña das europeas! Súmate ao apoio ao BNG e a Ana Miranda e acompáñanos na Praza de Praterias ás 20h, agardámosvos!
#bngTeo