Cando lle deron o brazalete para debutar coma capitán do Dépor, Scaloni encargoulle ao seu irmán que lle bordase a bandeira galega.
Nós desexámoslle o mellor!
Consternads polo asasinato de Samuel, no que debía ser unha noite de lecer na Coruña.
Exiximos que as circunstancias do crime sexan aclaradas e os homicidas detidos canto antes.
Queremos unha cidade na que todo o mundo poida saír á rúa e vivir a vida sen medo.
#XustizaparaSamuel
Todo é dramaticamente gráfico: hoxe Pablo (fra)Casado veu pasear, séquito incluído, por unha ría do Burgo baleira. Á mesma hora, quen estaba reunido con quen traballa nela e tanto leva luitado por unha ría viva e con futuro era @obloque
Xuntanza de traballo e coordinación do BNG da Comarca da Coruña coa nosa representación na Deputación. Seguimos a traballar pola comarca e polo país enteiro en todos os ámbitos.
Velaquí unha pequena síntese de 2' do debate en comisión parlamentaria a respecto dos datos do IGE e do informe da Comisión de Expertos do Consello de Europa que demandan un impulso da docencia en galego no ensino.
#removethelimitations#QueremosGalego
#Arteixo estará presente no debate dos orzamentos grazas a @obloque e @NestorRego 👌
🔷Conexión ferroviaria porto de punta Langosteira
🔷O investimento do 1,5% cultural en Arteixo do porto exterior
🔷A realización da 4ª ronda
🔷Reclamación dos achados no castro de punta de Muros
#NaWeb@nestorrego @aviagv @jorqueracaselas presentan as emendas de @obloque aos orzamentos xerais do Estado en relación á cidade e á comarca: aumentan os investimentos na nosa área urbana en 304 millóns de euros.
https://t.co/MwAVbGbl6t
Acabáronse as declaracións de intencións, é tempo de que Xunta e Goberno central pasen á acción. NACIONALIZACIÓN XA!
#ALCOANONPECHA#NACIONALIZACIÓNDEALCOAXA
O Cemiterio de Santo Amaro acolle mañá sábado ás 12, máis un ano, unha homenaxe ao mozo de Monte Alto Pedro Galán Calvete, secretario de organización da Mocidade Galeguista, asasinado en setembro de 1936.
Dámoslle a benvida ao Consello á nosa compañeira @MercedesQueixas, nova deputada no parlamento galego despois dos comicios do 12X que se centrará nas problemáticas da nosa comarca.
O desgoberno do PP non dá tregua. Hoxe, xuntanza do Consello Comarcal do @obloque da Coruña; poñendo enriba da mesa os problemas do comezo do curso escolar e a atención sanitaria co repunte da Covid19.
Seméllanos inaceptábel que o goberno español non actúe de inmediato para inhabilitar a Tebas e depurar responsabilidades.
O estado non pode ser cómplice da corrupción sistémica e organizada no fútbol.
CSD, hai alguén ai?
Sexa ou non un feito puntual, non deixa de ser unha agresión ao noso patrimonio. Tamén unha mostra de desleixo cara ás nosas institucións nacionais (o Arquivo do Reino de Galiza) e a nosa historia, as nosas Murallas e a porta de Santo André do noso Gremio de Mareantes.
Todo o meu apoio a #AlexBergantiñosONosoCapitán. É unha vergoña que sexa chamado a declarar mentres o mafioso de @Tebasjavier siga impune despois de poñer en risco a saúde pública e adulterar a competición.
O delirio do #DeporFuenlabrada chega hoxe a límites insospeitados. Resulta que hoxe deteñen a Alex Bergantiños por un audio que mandou ao resto dos compañeiros de equipo. Fíltrase onte. Onte o Fuenlabrada o pon en coñecemento da Fiscalía e hoxe actúase de inmediato.
A detención de Álex Bergantiños é un capítulo gravísimo na historia de inxustos despropósitos que vén rodeando o #Depor desde o pasado 20 de xullo. Todo o noso apoio a Álex, ao @RCDeportivo e ao deportivismo, hoxe e sempre #AlexBergantiñosONosoCapitán#éDéXustiza#édexustiza