Día moi importante en CD Arenteiro para coñecer a situación e a viabilidade futura do club.
Está en xogo a historia e un legado de case 70 anos que nos converteron no club en activo referente da provincia.
Esiximos total transparencia e responsabilidade
A última vitoria de CD Arenteiro foi na xornada 23 o pasado 7 de febreiro, que xustamente coincide co último programa gravado do @oVARdaCANTINA
Casualidade? Non o creo
A situación é complicada. Trabállase para cobrar e sería entendible calquera decisión.
Agora ben, se decides sair a competir hai formas de perder o partido e a categoría. Ata aquí chegou o mellor momento da nosa historia
As contas son claras:
Gañar todo e recuperar un -8 en diferencia de goles co Talavera.
Ourense, Guadalajara, Osasuna, Cacereño e Talavera teñen que perdelo todo.
Cun empate mañá do Ourense somos matemáticamente equipo da Segunda Federación, e ese sería o menor dos nosos problemas actuais.
O soño da Primeira Federación rematou. Queda ver con qué nos atopamos cando espertemos de novo.
Fonda aperta a tod@s os que sinten a CD Arenteiro 💚
Ó único que aspiramos dende fai uns meses é a poder sair a competir na Segunda Federación a vindeira tempada.
Veremos en canto queda o buraco destes anos e se hai alguén disposto a tapalo. Seguimos agardando ás pertinentes explicacións da directiva
⚽ #DeportesLaRegion | El vía crucis del Arenteiro no tiene fin
El equipo está inmerso en una situación deportiva y económica muy complicada en la que tratan de salvar la temporada de la mejor forma posible 👇
https://t.co/qcOyW7d8WU
Vitorias a domicilio na tempada 2025/26:
• X2. Cacereño 0-2 CDA
• X16. Ponferradina 1-3 CDA
Somos o peor visitante da categoría, conseguindo so 7 puntos en 30 partidos.
Sumado ás so 4 vitorias en Espiñedo, falar de opcións de salvación é unha absoluta utopía.
Puntos gañados/perdidos por goles a partir do minuto 85 de partido:
X1 vs Getxo: -1
X6 vs Barakaldo: +1
X22 vs Bilbao: -2
X25 vs Tenerife: -1
X27 vs Castilla: -2
X29 vs Celta B: -2
-7 puntos perdidos nas últimas 8 xornadas. Teríamos 33 en lugar dos 26 actuais
Media de puntos por partido (p/p) en CD Arenteiro na 1RFEF:
1. Javi Rey: 38p (13G,13E,12P) 1.38 p/p
2. Jardiel: 38p (12G,12E,14P) 1.26 p/p
3. Cuesta: 14p (4G,2E,8P) 1.00 p/p
4. Arribas: 11p (2G,4E,5P) 0.91 p/p
🫣 Quen veña terá que facer unha media de 1.75 p/p para chegar ós 45
No CD Arenteiro - CD Tenerife coincidiron sobre o céspede de Espiñedo tres dos cinco xogadores máis veteranos do grupo:
Aitor Sanz (41), Enric Gallego (39) e David Ferreiro (37) 🎩
Completan a clasificación Natalio (41) e Babin (39), ambos do Real Avilés
Quédannos 21 puntos para chegar ós hipotéticos 45 nas últimas 14 xornadas: a tempada pasada fixemos 12 e na 23/24 conseguimos 16 puntos no mesmo período.
Significa facer unha media de 1,5 puntos cada xornada. Hai que comezar a gañar, como sexa e contra quen sexa